Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle de grupo escultórico en composición piramidal; á esquerda figura masculina lixeiramente agachada con capa, coroa e portando un copón (Gaspar); á súa esquerda, figura de pé con turbante, barbado e cun cofre nas mans (Baltasar); no centro de seonllos, figura masculina (Melchor) entregando unha caixa a unha figura feminina sedente (Virxe) e con neno (Xesús) sobre as pernas. Completa a escena, outra figura masculina con barba e caperuza na cabeza (San Xosé) ao lado dereito da muller
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista frontal dun grupo escultórico de dúas figuras representando a Anunciación de María, o anxo na dereita e a Virxe, nun scriptorium á esquerda.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista frontal do anverso da cruz procesional da Igresa de Santa María do Campo de Viveiro. Sobre unha macolla de estrutura arquitectónica gótica hexagonal, con ventás e pináculos, elévase un Cristo crucificado en cruz de prata do século XVI, de forma flordelisada con motivos vexetais platerescos
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista dun capitel románico ornado no tambor con animais fantásticos fronte a fronte, sobre columnas xeminadas; sobre o cimacio enreixado e con flores descansa un cadro que semella unha estación dun víacrucis
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista dun capitel románico ornado con motivos vexetais no tambor, sobre columnas xeminadas; sobre o cimacio de flores descansa un cadro que semella unha estación dun víacrucis
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral dunha ábsida gótica. Construción poligonal con cinco estilizadas e apuntadas arcadas entre contrafortes, que están tapiadas, e decoración de tacos baixo o tellado. En primeiro termino, hai un muro de peche con porta de acceso de madeira.
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista de dúas esculturas sedentes. A da dereita é Santiago Apóstolo. O da esquerda está coas mans levantadas e fáltalle a esquerda
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha ábsida. Construción de planta semicircular con sillería granítica, con tres arcos sobre columnas con capiteis vexetais e vanos moi estreitos. Baixo o tellado canzorros vexetais, animais e figurados
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral do lateral e fachada unha igrexa. Construción de planta rectangular, tellado a dúas augas e portada con dúas torres. No lateral, contrafortes e porta con arco de medio punto. Na fachada, portada con arquivoltas lixeiramente apuntadas, rosetón baixo un frontón triangular e dúas torres, unha maciza con reloxos e a outra con arcos de medio punto. Ao pés da porta principal, dous homes e tres nenas/os
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista da inscrición do século XIII que hai na Porta da Vila de Viveiro: `M: CC: LV :IN TEMPO AF`
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista frontal dun grupo escultórico representando o nacemento de Xesús: á dereita San Xosé, á esquerda a Virxe María, no medio o Neno e nun segundo plano a mula á dereita e o boi á esquerda
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha escultura de madeira. Imaxe de Xesús, barbado e con bágoas no rostro,
de xeonllos coa mans coas palmas cara arriba, orando ante unha árbore no que hai a figura dun anxo
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha porta monumental. Con dous corpos, o baixo cun arco de medio punto central, franquerado polos escudos de Galicia e Viveiro. O corpo alto, cun fronton triangular, co escudo de armas imperial, e o busto de Carlos V con cetro e corona. Hai tamén catro medallóns con figuras no seu interior, á dereita, masculinas e á esquerda, femininas. Como remate superior, ameas con cabezas de guerreiros
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral da entrada da igrexa conventual de Santa María de Valdeflores: portada oxival de arco interno en forma de trevo e ornamentación vexetal e dous cabezas humanas, arcos sostidos por dúas columnas e xamba, e con capiteis de follas
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral dunha entrada lateral dunha igrexa románica, tímpano cego liso, arcos apoiados sobre dúas columnas ornadas con capiteis con motivos vexetais. Pódese apreciar a lámpara de ourivaría e o altar cos panos.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista lateral do retablo tallado en madeira coa imaxe da Inmaculada na fornela de arco oxival trilobado. Retablo de columnas salomónicas con motivos vexetais de follas de parra e acios. No seu lateral hai representadas cinco esceas da vida de Cristo
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista frontal do reverso da cruz procesional da Igresa de Santa María do Campo de Viveiro. Sobre unha macolla de estrutura arquitectónica gótica hexagonal, con ventás e pináculos, elévase unha cruz de prata do século XVI, de forma flordelisada con motivos vexetais platerescos, e no centro, no cuadrilátero unha Virxe co Neno no colo, e catro anxos, un en cada esquina do cadro
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dun sepulcro adherido nun ángulo. Peza granítica en forma de arca coa tampa lixeiramente curva e decorada cun escudo. No frontal catro escudos con emblemas heráldicos labrados: os seis roeles dos Castro e a parella de lobos dos Osorio.
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha escultura de madeira sobre peaña simple. Imaxe da Virxe lixeiramente inclinada, con vestimenta con pregues e coroa real, na man dereita leva unha especie de maza e coa súa man esquerda colle ao Neno, tamén coroado
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista dunha imaxe da Virxe do Rosario co Neno no colo, e na man esquerda, flores brancas e un rosario