Alegato do procurador Manuel Giménez, en nome do director do Banco de Santiago, Lorenzo López de Rego, no expediente de execución contra Camilo Bertorini para o pago de 8.476 escudos a favor do primeiro e tamén petición de licenza para iniciar accións por calumnias e inxurias contra o procurador de C. Bertorini.
Carta de Ramón Solla a Lorenzo López Rego felicitando polo éxito no preito do Banco de Santiago, e xunta a Real Sentenza na que se falla declarando culpable a Camilo Bertorini.
Contrato entre Santiago Pérez Baodilla e Camilo Marco Bertorini sobre a cesión dunha casa en Iria Flavia por un período de 10 anos. Inclúe carpetiña co título `1867 Civil. El Banco de Santiago con D. Camilo Bertorini. Juzgado de Padrón en calidad de coms. Procurador D. Manuel Gimenez, Agente D. José Mª Núñez, Escribanía D. José Mª Batalla de San Miguel`
Ditame do licenciado Benigno Rebellón dando os pertinentes consellos no caso de recurrir á instancia superior o caso do Banco de Santiago contra Camilo Bertorini.
Documento no que se intentan relatar como foron os feitos favorables aos intereses do Banco de Santiago, e de como tentou Camilo Bertorini reembolsar cantidades que recibira con catro letras de cambio a cargo de John S. Mould, que non se cobraron.
Minuta de honorarios devengados por parte de Lorenzo López Rego polo seu caso do Banco de Santiago contra Camilo Bertorini, ao letrado Julián Obaya.
Minuta de honorarios pagados ao letrado Julián Obaya na súa defensa do Banco de Santiago contra Camilo Bertorini, por importe de161 escudos.
Auto de Ángel Astray Fernández do xulgado de 1ª Instancia de Padrón declarando a improcedencia da devolución duns documentos propiedade de Camilo Bertorini a petición do seu avogado José Mª Cristobo y Mella, no caso do Banco de Santiago (Lorenzo López de Rego).