Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dunha pulseira ríxida, en forma de `C` sen pechar. Nos extremos, broche para pechar. Está decorada con tres cordonciños.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de dúas arracadas co interior oco e forma de media lúa. Nunha das caras, ten motivo decorativo de liñas concéntricas incisas.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de torques con barra de sección circular, decorada na súa parte central cun adorno de faixas ciceladas.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de torques con barra de sección romboidal, decorada na súa parte central cun motivo de filigrana, de arames entrelazados e boliñas.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de torques con barra de sección circular e remates en forma de landra. Presenta dous roleos compostos por fíos enrolados en espiral. Desde os roleos ata os remates de landra, vai revestido dun groso fío.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de torques con barra de sección romboidal e remate de dobre cono, decorado cunha roseta incisa de seis follas.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dun aro en espiral (anel ou adorno do cabelo), dous remates, decorados con arame soldado ao aire e perliñas repuxadas, e un un fío de ouro enrolado. No reverso, nota manuscrita con lugar e data, Santiago agosto de 1956.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dun torques ou brazalete ríxido, circular e pechado. Composto por barra de sección romboidal e remates en forma de landra.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de dous aros ríxidos, circulares case pechados e un brazalete con catro aros en relevo ou de tipo `gallonado`.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dun brazalete ríxido, en forma de `C` sen chegar a pechar. Na parte central ten ornamentación composta por incisións horizontais e perliñas. Na parte do peche, decoración repuxada e dous buratos en cada extremo.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dun brazalete ríxido, circular sen chegar a pechar. Laminado coa parte central dividida por incisións horizontais.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dun colar composto por un arame retorcido, con ganchos nos extremos a modo de broche, onde se ensartan nove doas de tendencia ovoide.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de colar ríxido, composto por barra de sección prismática cos extremos retorcidos. Vai decorado con motivos ornitomorfos.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de colar ríxido, en forma de `C` bastante aberta coa barra de sección romboidal e os remates bitroncocónicos.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de torques de prata composto por dous arames retorcidos sobre sí mesmos que describen tres lazos. Nos extremos forman un so arame rematando en gancho a modo de broche.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dun colar ríxido en forma de `C`, case circular, composto por barra de sección circular no centro lisa. Nos laterais, adornado en espiral, cun arame circular enrolado. Ten os remates bitroncocónicos.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de colar ríxido, en forma de `C` bastante pechada coa barra é de sección romboidal e os remates bitroncocónicos.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de torques con barra de sección circular e remates en forma de landra. A parte central carece de decoración, e vai delimitada por dous roleos compostos por fíos enrolados en espiral; desde os roleos ata os remates de landra, vai revestido dun groso fío.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de colar ríxido, composto por barra de sección romboidal e os remates de conos invertidos. Leva decoración de círculiños.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo dun colar ríxido en forma de `C`, moi pechada, case circular. Composto por barra de sección circular, no tramo central, decorada con filigrana formando unha greca de oitos; nos laterais, arames enrolados. O remate (falta un) troncocónico e escocia (moldura cóncava).