O remitente agradece a Blanco-Cicerón o sentido pésame pola morte dun membro da familia que non se especifica
O remitente agradece os premios aos seus viños recibidos na Exposición Regional Gallega de 1909. Comenta o estado de saúde do fillo de Ricardo Blanco-Cicerón, ferido en Melilla, e que xa está recuperándose
O remitente informa da reunión mantida no Concello de Tui para tratar a resolución da Real Orde no preito do papel queimado e como resolver o asunto do mellor e menos gravoso modo para o Consistorio e para os concelleiros, máis as impresións recibidas.
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o envío do cadro propiedade de Antonino Cerviño `Virxe co Neno no colo`, e aproveita o xiro para mandar tamén unhas botellas de viño e licores para a Exposición Regional Gallega de 1909, e no caso de que non procedan, que sexan para Ricardo Blanco-Cicerón
O remitente comenta acerca dunha casa en moi mal estado e fai referencia á crecida do río Miño de días pasados
O remitente manda recado por terceiros dunha casa. Comenta que non lle interesa encargar unhas medallas e que xa recollerá os diplomas o mandará a alguén. Alude ás pedras económicas da Exposición Regional Gallega de 1909 e axusta o regreso dunha peza exposta
Tarxeta de visita de Camilo Cela preguntando se nunha caixa de viandas recibida habería un talón.