Notas sobre tres aspectos xurídicos acerca do morgado e as súas explicacións.
Carta de Díaz de Rábago a Ricardo Blanco-Cicerón comunicando a súa visita para as cinco e media da tarde co seu pai para admirar as pezas de coleccionismo de Ricardo.
Consulta de Joaquín Díaz de Rábago sobre si as melloras nun edificio son parte ou non do morgado. Ditame do avogado Julián Obaya, determinando que as melloras realizadas por Andrés Pazos deben considerarse herdanza libre sen facer medrar o morgado.
Carta a Joaquín Díaz de Rábago do seu representante informando do desenvolvemento dunha reunión con Nicolás Rivero e demais acredores deste nun intento de atopar solucións para cobrar as débedas pendentes.
Notas sobre os pagarés dos negocios de Joaquín Díaz de Rábago que ten a orde de Nicolás Rivero e historia destes pagarés, dos anos 1863-1865, asinados en Santiago e O Faramello, e co estado dos activos e pasivos.