O remitente, corresponsal da Exposición Regional Gallega de 1909 en Ourense, comunica o envío da primeira remesa de obxectos e adxunta un pequeno e detallado informe sobre o Cristo de Vilanova dos Infantes
O remitente comunica que os seus informes das pezas para a Exposición Regional Gallega de 1909 xa están preparados, e conta as dificultades que tivera a Comisión para tratar e conseguir obxectos nas diversas parroquias.
O remitente informa da polémica e suspicacias que se están vivindo co referente ao Convento das Clarisas de Allariz e os bens que queren expor na Exposición Regional Gallega de 1909, e urxe envíen os papeis oficiais necesarios.
O remitente informa de cuestións prácticas sobre a reprodución en soporte papel de pezas para a Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente comenta algunhas publicacións sobre Santo Estevo de Ribas de Sil, lamentando o estado ruinoso do mosteiro
O remitente agradece a Blanco-Cicerón a doazón dun cadro co escudo de Allariz ao Museo.
Saúda e asina tamén Marcelo Macías
O remitente informa do acordo entre Francisco Pazos e a Diputación para que a súa colección particular pase ao Museo Provincial, sendo Marcelo Macías e o propio Alonso os encargados de valorar os fondos
O remitente aporta toda a información sobre o ebanista que fixera o coro do Mosterio de Santo Estevo de Ribas de Sil, Alonso López, no ano 1593.
O remitente comunica que houbo problemas coas autorizacións para acreditar obras na tasación da colección Francisco Pazos.
O remitente comenta que lle fan falta uns informes para unhas comunicacións e agradece a Blanco-Cicerón que lle mostrara a súa colección de arte privada
O remitente comenta a importancia duns pergameos de 1456 escritos en galego para estudar a evolución da lingua. Aproveita para acusarlle de levarse dos pobos galegos moitas pezas de gran valor só pola súa fame de coleccionista
O remitente felicita a Blanco-Cicerón por adquirir uns brazaletes de gran interese que el non poido lograr para o Museo. Comenta a inmediata saída do Boletín
Tarxeta de visita de Benito Fernández Alonso.
O remitente informa da visita de Miguel Sanjurjo e pide que lle mostre a súa colección privada
O remitente aproveita a visita de Vicente Risco para enviar saúdos a Blanco-Cicerón, e pídelle que o atenda e lle mostre a súa colección privada
Tarxeta de visita de loito de Benito Fernández Alonso
O remitente comenta que lle enviou os números que solicitou do Boletín da Comisión, tamén sobre o traslado do Museo e solicita que o visite e que ceda algunha peza da súa colección aos fondos do Museo