Oficios recibidos por Antonio López Ferreiro e remitidos por Ángel Martínez Salazar sobre as viaxes dos comisionados da provincia de A Coruña
Inclúe a correspondencia tanto recibida coma emitida polo Presidente da Comisión da Sección Arqueológica da Exposición Regional Gallega de 1909, Antonio López Ferreiro.
Carpeta de inscrición remitida por Antonio López Ferreiro. Rexistro número 324: `capitel romano suevo de mármol procedente de S. Pedro de Vilanova`
Carta aos reverendos curas comunicando a próxima celebración da Exposición Regional e solicitando a súa colaboración coa aportación de pezas. Vai asinada polo presidente e secretario da sección arqueolóxica, Antonio López Ferreiro e Eladio Oviedo Arce. Inclúe un borrador manuscrito.
Carta da Comisión Arqueolóxica para os cedentes de obxectos destinados á Exposición Regional Gallega de 1909, explicando as condicións de seguridade de ditas pezas na devandita exposición. Asinada polo presidente Antonio López Ferreiro, polos vicepresidentes Salvador Cabeza de León, Ricardo Blanco-Cicerón e polo secretario, Eladio Oviedo Arce, entre outros.
O remitente acepta o nomeamento de membro honorario da Exposición Regional Gallega de 1909 e solicita un regulamento da mesma para cumplir coa encomenda
O remitente suxire unha lista de nomes de interese para ser designados correspondentes da Comisión da Sección Arqueológica da Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente insiste no interese de contar coa presenza e colaboración de Juan Ruiz López na Comisión da Sección Arqueológica da Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente informa da existencia dunha obra dun párroco local escrita e pergameo que pode incluirse na Exposición Regional Gallega de 1909. Na outra folla acuse de recibo da pezas con data 20 outubro de 1912.
O remitente agradece e comunica a recepción das pezas enviadas para incluir na Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente, realiza unha serie de recomendacións (nomeamento de axudantes, realización de viaxes, fotografías e debuxos), e que a comisión sufragará todos os gastos.
O remitente solicita informe do acordado nunha reunión da Comisión da Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente convoca a Ricardo Blanco-Cicerón para unha reunión sobre á Sección Arqueológica
O remitente, presidente da Sección Arqueológica, convoca a Ricardo Blanco-Cicerón para unha reunión sobre dita Sección Arqueológica
O remitente, presidente da Sección Arqueolóxica da mostra, convoca a Ricardo Blanco-Cicerón para unha reunión sobre dita Sección Arqueológica
O remitente comunica que a súa saúde non lle permite colaborar coa Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente o arcebispo da Diocese de Sevilla, contesta sobre a petición de fondos por parte da Exposición Regional Gallega de 1909, sinalando que da orde aos diocesanos para que envíen as pezas.
Os remitentes informan das súas visitas a diversas parroquias de Pontevedra e Ourense, e os avances na busca de obxectos para a Exposición Regional Gallega de 1909. Recomendan un mellor estudo de igrexas románicas de Ribadavia por parte da comisión encargada
O remitente, xefe da Biblioteca Provincial y Universitaria de Barcelona, contesta sobre petición de fondos por parte da Exposición Regional Gallega de 1909, sinalando que entre os seus fondos non figuran referencias a Galicia.
O remitente da Secretaría do Bispado de Santander, contesta sobre a petición de fondos por parte da Exposición Regional Gallega de 1909, afirmando que non teñen no bispado obxectos referentes a Galicia.