Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista frontal do altar da Catedral de Mondoñedo. Retablo maior, de estilo rococó, con columnas neoclásicas, con dous corpos, o primeiro coa Asunción da Virxe rodeada de anxos e nubes e o segundo representa o misterio da Santísima Trinidade.
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista xeral de altar-relicario de madeira nunha das naves laterais. Enmarcado por pilastras decoradas con motivos vexetais, arco de medio punto e remate superior de frontón con escudo e pináculos con bolas. O arco alberga, un relicario con dúas portas; cada unha delas, con sete placas decoradas, seis con motivos vexetais e unha figurada. No tímpano, imaxe de San Rosendo, con tiara e báculo.
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista xeral lateral dunha capela con enreixado. No arranque da xirola, capela con arco de medio punto e bóveda de nervos; a reixa con barrotes de sección cilíndrica e remate superior con motivos vexetais de perfil ondulante.
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista detalle do ángulo dun claustro adosado a unha das naves do cruceiro. Un solo corpo con columnas adheridas aos arcos de medio punto e remate con bolas. No centro do patio, sobre un pedestal cúbico, hai un cruceiro de sección cilíndrica con imaxe de crucificado.
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista lateral do interior da Catedral de Mondoñedo. En primeiro termo, A Virxe dos Ingleses, á súa esquerda San Roque e San Antonio de Padua, á súa esquerda San Xosé e Santiago Peregrino. No centro, sobre a Virxe, un Cristo crucificado. A continuación o púlpito, e un órgano no segundo andar.
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista lateral do retablo da Catedral de Mondoñedo. En primeiro termo, púlpito de madeira tallada con figuras relixiosas en fornelas, unha aguia sobre o borde e na parte de arriba, unha imaxe de Xesús, a continuación unha reixa con nudos, e ao fondo unha vidrieira cunha imaxe de Xesucristo
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista frontal do interior da Catedral de Mondoñedo. Na parte baixa do altar, dous cadros a ambos lados, no centro imaxe A Virxe dos Ingleses, á súa esquerda San Roque e San Antonio de Padua, á súa esquerda San Xosé e Santiago Peregrino, e dous bustos nos extremos. No centro, sobre a Virxe, un Cristo crucificado nun nivel superior. No segundo andar, dous órganos enfrontados. En segundo plano, tras un enreixado, pode verse parte do retablo do altar maior
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista lateral da sillería gótica do coro da Catedral de Mondoñedo, decorada con ornamentos vexetais
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista frontal da Virxe dos Ingleses da Catedral de Mondoñedo, imaxe co Neno no colo e anxos aos pes
Pernas de Salazar, Santiago, 1881-1951, Fotógrafo . (Mondoñedo )
Vista xeral da Catedral de Mondoñedo. Na praza, á esquerda, home a pé con carro de bois, e a dereita, home de pé e muller sentada