Conta do Concello de Cangas co axuste do recibo da contribución da finca chamada `Campo de la Retirosa`, en Coiro.
Anotacións sobre as obras do camiño de Cangas do Morrazo a Coiro.
Ver nivel superior
Alberto Martínez escribe a Amando Castroviejo sobre o camiño de Cangas a Coiro, subasta na que está interesado, e que semella vai pasar pola propiedade de Castroviejo. Dalle unhas referencias de terceiros para que poida resolver o asunto.
Ver nivel superior
F. F. Cervera escribe a Amando Castroviejo coa súa valoración do que está a pasar co proxecto do camiño de Cangas a Coiro, e lle explica que se insiste en recursos e instancias, van quedar sen ningunha das obras.
O remitente, agradece a Ricardo a carta enviada, para poder xustificarse ante a súa familia
Ver nivel superior
José M. Rivera comenta a Amando Castroviejo como vai o asunto do camiño de Cangas a Coiro, as súas impresións sobre os intereses do alcalde e algún comerciante e a súa opinión de que convén máis que pase preto da Retirosa.
Ver nivel superior
José M. Rivera comenta a Amando Castroviejo que consulte a expertos na materia e revise a instancia que lle adxunta sobre o novo trazado de comunicacións de Cangas que pasa por Coiro, antes de darlla en man ao presidente da Diputación para asegurar que vai ao Ministerio de Fomento.
Ver nivel superior
José M. Rivera comenta a Amando Castroviejo como vai o asunto do camiño de Cangas a Coiro e o que considera actitudes caciquís do alcalde coa prensa da súa parte.
Ver nivel superior
José M. Rivera conta polo miúdo a Amando Castroviejo un incidente sucedido nunha cea do Padroado, onde morrera un dos comensais, e a situación persoal e familiar do falecido.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo, enfermo en Lisboa, interesándose pola súa saúde.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo sobre xestións administrativas da Retirosa e un Hospital de Santiago para pobres.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo sobre unha escritura dunha finca da que están pendentes do notario e unha visita das cuñadas de Armando Castroviejo á Retirosa.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo, enfermo en Lisboa, sobre o que están a facer coas froiteiras na Retirosa.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo sobre os arranxos que se están a facer na Retirosa.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo, enfermo en Lisboa, sobre como van as árbores na Retirosa. Adxunta carta de Segundo Viguera (dono dun establecemento de arboricultura en Nalda) ao administrador sobre un cambio dun pedido.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo sobre as árbores da Retirosa e o resto do que se vai sementar na finca.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo sobre as plantas da Retirosa e os datos dos xornaleiros que traballaron na finca.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós da conta a Amando Castroviejo das tarefas agrarias que están a desenvolver nas súas propiedades.
Ver nivel superior
Juan R. Lanzós escribe a Amando Castroviejo sobre unhas medidas dun transporte para poder cargar pezas grandes e que xa ten unha cociñeira para a súa estadía na Retirosa.