O remitente, conservador da Real Armería, comunica á Sección Arqueología da Exposición Regional Gallega de 1909 que non pode estar en Galicia nas datas previstas, e informa que pode conseguir algunhas pezas máis para a exposición. An. ms. `12 telegrama`
O remitente, conservador da Real Armería, agradece o aloxamento á Sección Arqueología da Exposición Regional Gallega de 1909 para a súa estancia durante a exposición. Rexéitaa para el e para a súa dona, pero acepta o ofrecemento para o vixilante da Armería Real que levará para custodiar os numerosos obxectos que se aportan á exposición. Solicita reserva de habitación suxerido por outro membro da Comisión.
O remitente, conservador da Real Armería, comenta a orixe dunha peza da que falou J. Villa-Amil nunha carta anterior. Suxire á Sección Arqueología da Exposición Regional Gallega de 1909 un aumento da publicidade e propaganda da exposición. An. ms `Lda. 11 junio`
O remitente, conservador da Real Armería, informa de tres cadros, obra de Villaamil, que aporta a maiores a Real Armería á Sección Arqueología da Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `Lda. 24`