O remitente, por autoridade do deán Arturo de Sandoval y Abellán, felicita a celebración da Exposición Regional Gallega de 1909 pero lamenta non poder enviar obxectos, xa que están en uso e culto na Cámara Santa.
O remitente, que asina `Hijos de Simeón García`, informa a D. Ricardo sobre o envío dun paquete con acibeche para que o examine e dea as instrucións pertinentes para remitir aos Sres. Fillos de Pablo Pérez, de Colunga
O remitente informa a D. Ricardo sobre as xestións que está realizando sobe un encargo de acibeche que lle fixera
O remitente informa a D. Ricardo sobre unhas xestións a realizar en Asturias
O remitente informa das xestións para conseguir o bloque de acibeche de 15 cm de lonxitudesolicitado por Ricardo Blanco-Cicerón, xa que os mineiros teñen moi dificil a extracción de bloques de máis de 10 cm.
Borrador para insistir en que a Catedral de Oviedo envíe calquera tipo de obxecto para a Exposición Regional Gallega de 1909, e para vencer as reticencias lle comenta que outras cadetrais ceden pezas para a mostra
Carta de Tomás Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre os xéneros que José Bargiela remite a Apolinar (de Simón García) a Pontevedra para arranxar os asuntos económicos de José Bargiela, e outras cuestións similares.
O remitente, que asina como Hijos de Simeón García, informa a Ricardo Blanco-Cicerón que trasalda o seu encargo de acibeche a Colunga, reenviandoo a Santiago nas mellores condicións embalaxe para evitar roturas.
O remitente, que asina como Hijos de Simeón García, informa a Ricardo Blanco-Cicerón de como cotiza o acibeche encargado. Na mesma carta, a súa resposta manuscrita aceptando o prezo de 5 pesetas/quilo.
Dende o cabido ovetense insiste que moi ao seu pesar non hai obxectos de interese para a Exposición Regional Gallega de 1909, e que as reliquias son moi visitadas nesas datas e non se poden prestar para a súa exhibición en Santiago
Documento de venda otorgado por Manuela de Cancelada a Ignacio e Manuel Herreros, veciños de Oviedo e Santiago, respectivamente, por dúas tabladas dunha horta en Villafranca del Bierzo.
Sentenza do Tribunal Supremo anulando en parte a sentenza da Audiencia de Oviedo, exonerando ao demandante, Álvaro González Grande, e culpando ao resto de individuos por falso testemuño para elevar a escritura pública un testamento de palabra.
Paulina González Cienfuegos y Navia Osorio, filla dos Condes de Marcel de Peñalba e veciña de Las Regueras (Asturias), a través do seu apoderado en Santiago de Compostela Fernando Nuñez del Cañal, vende varios bens herdados en Galicia a Manuel Marino, en concreto casa, dereitos reais, fincas,... en Compostela e arredores .