O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do pago dunha letra de 1000 pesetas de Viuda e Hijos de Simeón García, do pago de 25 misas por 62.50 pesetas, do ingreso de 56 pesetas a nome de Ofelia Hermida e acerca das xestións para adquirir un escudo de granito.
Sobre o escudo de D. Lope Díaz de Haro (1285-1322) fillo de D. Diego López de Haro, Señor de Biscaia. O escudo representa dous lobos negros en campo de prata. Inclúe debuxo do escudo.
Folla solta coa imaxe dun escudo de armas, dous lobos en campo de prata con bordura de aspas, e inscrición circular.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dun sepulcro adherido nun ángulo. Peza granítica en forma de arca coa tampa lixeiramente curva e decorada cun escudo. No frontal catro escudos con emblemas heráldicos labrados: os seis roeles dos Castro e a parella de lobos dos Osorio.
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina