Recibo das misas celebradas na Confraría da Igrexa das Ánimas no cabodano de Candelaria Bargiela, rexistro dos distintos oficiantes e sinaturas dos asistentes aos actos.
Avisos das misas xerais celebradas na Confraría da Igrexa das Ánimas polo pasamento de Candelaria Bargiela cos oficiantes dos actos.
Bargiela Nuñez, Candelaria, 1864-1918
Documentación de Candelaria Bargiela Núñez, prima e afillada de Ricardo Blanco Cicerón
Candelaria Bargiela felicita á Ana Nuñez polo seu santo, comenta que están instalándose en Barcelona e que están enterados do que sucede co Congreso Católico celebrado en Santiago.
Candelaria Bargiela felicita a súa prima polo seu santo, a Herminia García para comentarlle a melloría de Juan Vidal e a Ricardo Blanco-Cicerón para avisarlle do envío dun viño e dunha máquina de precintar cartas.
Candelaria Bargiela acorda seguir o consello do seu tío para xestionar uns dineros, e comenta sobre unha peza de encargo dun Neno Xesús.
Candelaria Bargiela pide ao seu tío que faga certas xestións para poder imprimir uns recordatorios de defunción do seu home Juan Vidal.
Candelaria Bargiela avisa a Ricardo Blanco-Cicerón de que lle envía unhas angulas, e comenta cuestións legais sobre uns asuntos económicos e un fanal que ten encargado Candelaria e lle ten que enviar ao seu tío. Menciona a saúde delicada da súa prima Concha.
Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón e a Herminia García para conseguir unha casa en Santiago donde un médico poida asistir a Juan Vidal.
Candelaria Bargiela pregunta a Ricardo Blanco-Cicerón se lle chegaron uns agasallos enviados (viño e unha máquina de precintar cartas), e informa que Juan Vidal segue mellorando.
Candelaria Bargiela informa a Ricardo Blanco-Cicerón de cuestións prácticas para o seu traslado a Santiago.
Candelaria Bargiela avisa de que envían unhas angulas e lle adxunta unha receita.
Candelaria Bargiela comenta a Ricardo Blanco-Cicerón que o fanal non ten presa, alégrase de que saborearan as angulas e agradece que solucionara certo problema cuns xéneros.
Candelaria Bargiela comenta a concesión de indulxencias para o seu pai, para mandar imprimir uns recordatorios polo cabo de ano para envialos ao seu irmán Tomás. Tamén suxire que a prima Carmen poida ir a pasar un tempo con ela, e recorda ao resto das fillas do seu tío.
Candelaria Bargiela comenta unha visita das fillas e neta de Ricardo Blanco-Cicerón, declina unha invitación a visitalos e volve a solicitar que envíen a Carmen a pasar uns días.
Candelaria Bargiela pide consello ao seu tío para xestionar uns dineros.
Candelaria Bargiela comenta preocupada a Ricardo Blanco-Cicerón os problemas de saúde do seu irmán Joaquín e que irá a Santiago a un médico.
Candelaria Bargiela informa ao seu tío sobre o estado delicado de saúde de Juan Vidal. Menciona a María, filla de Ricardo Blanco-Cicerón, e ao seu fillo recén nacido, e a visita de Marcial.
Candelaria Bargiela comenta preocupada a Ricardo Blanco-Cicerón o que os médicos lle din sobre a saúde de Joaquín Bargiela. Menciona a Concha e a unha filla súa, de nome Pilar.
Candelaria Bargiela remite unhas fotos familiares que enviou ao seu irmán Tomás Bargiela para lle mandar ao seu tío.