Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Vista parcial do peirao do Berbés, coa casa dos `Efectos Navales` á esquerda e unha construción de madeira coa lenda `Armadores` á dereita. En primeiro plano, á dereita, uns bancos corridos con patelas baleiras amoreadas e varias mulleres sentadas.
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Varias embarcacións a vapor atracadas no peirao do Berbés
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Mariñeiros montando palangres en cestas apoiadas sobre gamelas varadas na praia boca abaixo. Ao fondo, casas da rúa de San Francisco e o campanario da Igrexa de San Francisco
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Mulleres sentadas nun banco corrido esperando a chegada da pesca. Detrás, á esquerda, unha construción de madeira coa lenda `Armadores`. Ao fondo, a cidade de Vigo
O remitente informa da situación do depósito de sardiña, á espera de máis cantidade procedente de Huelva. Ademais de recibir en conta 10.500 reais de vellón para a compra do peixe
O remitente informa a un empresario do Caramiñal, adicado ao transporte de pescado prensado, sobre a escasez de sardiña, envíando unhas pequenas partidas de produto
O remitente informa, un empresario do Caramiñal, adicado ao transporte de pescado prensado, da situación do encargo de peixe e a situación da praza, desprovista de peixe bo
Ver nivel superior
Manuel Barreiro Camiña contesta unha carta anterior de Amando Castroviejo onde lle preguntaba cuestións relacionadas coa pesca, desde as condicións laborais aos repartos nun barco tanto en zonas de Galicia como en Asturias, que son diferentes unhas doutras.
Romaní García, Arturo, 1918-2002, Fotógrafo
Vista dun areal cun pequeno peirao na que están varadas preto dunha ducia de cascos embarcacións de madeira. Unha delas vai pintada de negro e leva o nome de `Rosario`. En medio dos cascos, hai dous mariñeiros de costas, vestidos con chaquetas e pantalóns longos e con puchas. Detrás, varias edificacións
Cuestionario para un estudo económico social da industria pesqueira galega
Vista de dúas lanchas xeiteiras fondeadas nun peirao. Nunha delas hai un mariñeiro botando as redes do xeito ao mar; na rampa do peirao, outro mariñeiro vai recollendo as redes da auga e colocándoa formando un círculo. Ao fondo, a vila de Muros.
Cartel da mostra acollida na Casa da Cultura de Ribeira en xullo de 1993
Cartel dunhas xornadas sobre o marisqueo organizadas en Santiago no ano 1978, apoiadas, entre outros, polo PSG
Grupo de mariñeiros, a maior parte deles rapaces, recollendo as redes do xeito que están postas a secar tendidas no chan nun campo de herba, formando ringleiras. Cada un deles recolle un pano de rede cargándoo sobre o ombreiro. En segundo plano, unha muller fai o mesmo traballo, cargando tamén as redes. Ao fondo, unha casa, dous hórreos de pedra e varias construcións máis.
Vista dunha lancha xeiteira fondeada nun peirao. Dentro da lancha hai tres mariñeiros novos sacando a rede do xeito; sobre a cuberta, do lado de babor, están colocados os boureis de cortiza da rede. Detrás, outra lancha xeiteira fondeada. En primeiro termo, a esquerda, hai un mozo de costas volvendo a cara ao espectador; viste camisa e pantalón longo de cor clara, pucha e zocos.