Vista da ábsida dunha igrexa románica, de estrutura poligonal, vai decorada por dous arquiños apoiados en anchas pilastras, nas que vai pegada unha semicolumna con capitel que sustenta a cornixa. Destacan os canzorros historiados.
Interior da igrexa do mosteiro, con retablo barroco. Destacan catro homes de seonllos rezando ante o altar e unha muller sentada nun dos bancos laterais.
Carta de saúdo, agradecemento e envío dunha invitación nominal dobre, para asistir á Exposición de Arte Románica de 1961, celebrada en Santiago e Barcelona. Inclúe a invitación a nome de Tomás Blanco-Cicerón e señora
Carta de Gratiniano Nieto, Director Xeral de Belas Arte, agradecemento a colaboración da familia Blanco-Cicerón coa cesión de varias pezas para a Exposición de Arte Románica de 1961 en Santiago. Inclúe o sobre.
Carta do comisario adxunto da Exposición de Arte Románica a celebrar en Barcelona e Santiago, onde agradece ao destinatario a colaboración e cesión dunha serie de pezas románicas da colección Blanco-Cicerón. Inclúe sinatura manuscrita. Contén o sobre.
Carta do comisario adxunto da Exposición de Arte Románica a celebrar en Barcelona e Santiago, onde agradece ao destinatario a colaboración, ao tempo que pide lle indique a data de visita a Santiago para atendelo debidamente. Inclúe sinatura manuscrita
Carta do comisario adxunto da Exposición de Arte Románica a celebrar en Barcelona e Santiago, onde solicita unha serie de pezas románicas da colección Blanco-Cicerón. Inclúe sinatura manuscrita. Contén o listado das pezas e o sobre.
Vista xeral dun claustro con robustos contrafortes, resto das dependencias monásticas e a igrexa con ábsida circular e dúas torres. Ao fondo un monte.
Vista detalle dunha cruz latina procesional. Vai decorada coa figura de Cristo con catro cravos, coroa real e pano de pureza e superado por cartela coa lenda IHS. Ao pé da cruz, a figura de San Pedro. Os brazos recubertos de metal con diversos ocos para insertar esmaltes, que lle faltan. Á esquerda da cruz, unha caixa esférica con tapa, e á dereita, unha xerra de forma ovoide con pé troncocónico cunha inscrición.
Vista da portada dunha igrexa románica, composta por un pórtico con arco de medio punto e tres arquivoltas abocinadas apoiadas en columnas, algunhas de fuste helicoidal, con capiteis historiados.
Vista xeral da portada dunha igrexa románica cunha porta con arquivoltas lisas e tímpano historiado con imaxe do martirio dun santo arrastrado por un cabalo.
Vista da portada lateral da igrexa románica. Porta con arquivolta abocinada sobre columnas con fustes trenzados e helicoidais, amais dun lintel figurado.
Vista xeral dos restos dunha igrexa románica. Interior da nave, só conserva o muro de peche con columnas pegadas a pilastras, e o arranque da cuberta. Ao fondo, as figuras de dous homes.
Interior da sala capitular do mosteiro, sobre basas cilíndricas, as columnas torsionadas e estriadas decoradas con flores, sobre fuste sin capitel, e bóvedas de crucería. Destacan cinco homes posando, dous deles sentados.
Vista xeral dunha torre cuadrangular ameada cun dos muros derruído.
Vista xeral dunha torre cuadrangular sen ameas.
Imaxe de tres tumbas antropomorfas excavadas no chan do adro dunha igrexa. Ao fondo vista do pobo.