Anotacións sobre as obras do camiño de Cangas do Morrazo a Coiro.
Ver nivel superior
Alberto Martínez escribe a Amando Castroviejo sobre o camiño de Cangas a Coiro, subasta na que está interesado, e que semella vai pasar pola propiedade de Castroviejo. Dalle unhas referencias de terceiros para que poida resolver o asunto.
Ver nivel superior
Copia dunha carta de Amando Castroviejo ao Presidente da Diputación de Pontevedra sobre unha subasta dun camiño vecinal de Cangas e as razóns motivadas e xustificadas polas que os veciños máis el cren que non se debe facer como está proxectado.
Ver nivel superior
F. F. Cervera escribe a Amando Castroviejo coa súa valoración do que está a pasar co proxecto do camiño de Cangas a Coiro, e lle explica que se insiste en recursos e instancias, van quedar sen ningunha das obras.
Ver nivel superior
José M. Rivera comenta a Amando Castroviejo como vai o asunto do camiño de Cangas a Coiro, as súas impresións sobre os intereses do alcalde e algún comerciante e a súa opinión de que convén máis que pase preto da Retirosa.
Ver nivel superior
José M. Rivera comenta a Amando Castroviejo que consulte a expertos na materia e revise a instancia que lle adxunta sobre o novo trazado de comunicacións de Cangas que pasa por Coiro, antes de darlla en man ao presidente da Diputación para asegurar que vai ao Ministerio de Fomento.
Ver nivel superior
José M. Rivera comenta a Amando Castroviejo como vai o asunto do camiño de Cangas a Coiro e o que considera actitudes caciquís do alcalde coa prensa da súa parte.
Ver nivel superior
Manuel Vivero García escribe a Amando Castroviejo coas últimas novidades sobre o proxecto do camiño de Cangas a Coiro e os pasos que se poderían dar para conseguir modificar o trazado.
Ver nivel superior
Manuel Vivero García escribe a Amando Castroviejo con impresións negativas sobre o proxecto do camiño de Cangas a Coiro, e non confía en que sexa favorable a Castroviejo, aínda que Alberto Martínez di que en Pontevedra semella admiten a posibilidade dun cambio, malia que Cervera, tenente de alcalde de Cangas, se opoña.
Ver nivel superior
Manuel Vivero García escribe a Amando Castroviejo coas últimas novidades sobre o proxecto do camiño de Cangas a Coiro.
Ver nivel superior
Manuel Vivero García escribe a Amando Castroviejo para decirlle que saíu a solicitude razoada á Diputación para modificar o trazado do camiño de Cangas a Coiro, confiando en alcanzar unha solución satisfactoria.
Ver nivel superior
Manuel Vivero García comenta a Amando Castroviejo a súa impresión sobre a subasta para o proxecto do novo camiño de Cangas que pasa por Coiro, e lle pide unhas sementes cando vaia a ir á Retirosa. Adxunta un borrador enviado por Amando Castroviejo.
Ver nivel superior
Prudencio Landín remite a Amando Castroviejo un recorte de prensa sobre a subasta para as obras do camiño de Cangas a Coiro, o que vai acontecendo sobre o tema e engade que segue tentando lograr avances na dirección que quere Castroviejo.
Ver nivel superior
Prudencio Landín comenta a Amando Castroviejo as posicións dos veciños sobre as obras do camiño de Cangas a Coiro, tal e como interpretou o que lle contara Sampedro (Casto Sampedro Folgar) e Patiño.
Ver nivel superior
Prudencio Landín detalla a Amando Castroviejo a súa visita ás Oficiñas de Camiños Provinciais de Pontevedra para interesarse polo asunto do camiño de Cangas a Coiro. As novas non son boas porque despois de tempo, o asunto está nas mans de Fomento e non hai visos de que mude o proxecto.
Ver nivel superior
Prudencio Landín comenta a Amando Castroviejo que no concello agardan que as obras do camiño de Cangas a Coiro vaian para diante tal e como está o trazado, a non ser que non haxa licitadores.
Ver nivel superior
Rafael G. comenta a Amando Castroviejo que en poucos días sairá a subasta das obras do camiño de Cangas a Coiro.