Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
Muller nova simulando que está espadelando o liño, pois a porción de liño que sostén coa man esquerda está aínda sen mazar. Na man dereita leva unha espadela. A muller vai coa cabeza descuberta, leva un vestido de cor clara e manga longa e un mandil a raias.
Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña )
A remitente informa sobre os problemas de saúde que lle impediron escribir antes
Grupo de tres mulleres fiando liño co fuso e a roca. As tres están de pé, vestidas con pano da cabeza, mantón cruzado sobre a camisa, saia e mandil. Ao seu carón están unha nena e un neno. Detrás, unha construcción con muros de cachotería e cuberta de tella.
Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
Muller de idade avanzada fiando la a carón dun cabaceiro feito de varas e coa cuberta de palla. Leva pano da cabeza, blusa, saia e mandil.
Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
Muller madura mazando o liño cunha maza de madeira sobre un mazadoiro de pedra. A muller leva pano da cabeza, unha camisa co corpo de cor clara e as mangas de cor escura, unha saia negra e un mandil a raias; vai descalza. Sostén na súa man dereita unha maza e na esquerda un mangado de liño. Sobre o mazadoiro, máis liño para mazar e outra maza. Doutro lado, unha nena pequena observa á muller.
Grupo de 10 mulleres e mozas levando unhas tinas ou cuncos de madeira sobre a cabeza para transportar o barro desde a barreira á telleira; para salvar a diferenza de altura, van subidas a un taboleiro inclinado apoiado nun muro e no chan. Todas levan sombreiros e saias e vestidos lixeiros; algunhas van descalzas e outras levan alpargatas. Ao seu carón, tres nenos
Retrato de catro mulleres nun xardín, dúas delas vestidas ao estilo da Belle Epóque. Á esquerda hai unha muller sentada, vestida con saia escura e chambra a raias. Xunto a ela, e poñendo a man sobre o seu ombreiro, hai outra muller vestida con chambra floreada e saia escura; na súa man esquerda leva unha antuca ou parasol. Detrás delas hai outras dúas mulleres, unha maior e a outra unha moza, que deben de ser do servizo doméstico, ambas vestidas de branco. A de máis idade está de pé sostendo un paxaro nas mans; a moza ten un xeonllo no chan e na man dereita leva un prato copo de arxila.
García Ayola, José, 1836-1900, Fotógrafo . (Granada )
Retrato dunha neneira sentada nunha cadeira de respaldo alto, cun neno no colo. Leva o pelo peiteado con raia ao medio e recollido na parte alta da cabeza nun moño. Viste un traxe escuro protexido de cintura para abaixo cun mandil branco; do pescozo pendura un gran medallón. Leva no colo a un neno de curta idade, de pelo rizado, que sostén algo entre as mans. Detrás, un pano de fondo debuxando un xardín.
Eléctrica Fotográfica, La (A Coruña Coruña, A)
Retrato dunha neneira vestida de branco cun vestido longo e un mandil adornado con puntillas. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza e pendentes longos de dous corpos. Ao seu carón está un bebé de curta idade, tamén vestida de branco, sentado sobre un soporte alto de madeira. Detrás, un pano de fondo cun xardín.
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña)
Retrato dunha neneira vestida de branco cun vestido longo e un mandil con peito adornado con puntillas. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza e pendentes longos de dous corpos. Ao seu carón está unha nena de curta idade tamén vestida de branco, cunha gran lazada na cabeza. Está de pé sobre o asento dunha butaca. Ao fondo, unha cortina escura.