Registros encontrados: 6 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.96 - Xaquín Lorenzo Fernández
03.06.96.02 - Fotografías etnográficas, arqueolóxicas e outras

Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
1930 / 1935
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 120 x 181 mm.

En: 03.06.96.02 - Fotografías etnográficas, arqueolóxicas e outras

Vista dunha casa de aldea con elementos construtivos en perpiaño, paredes de cachotería e cubertas de tella. A casa ten un pequeno corredor, con barandilla de madeira, accesible desde o exterior por unha escada de pedra. Pegada á casa hai un alpendre con palleira no andar superior, á que se accede por unha escada de pedra exterior. Na escada hai dúas nenas e un neno. Diante do alpendre, un carro do pais.

XLF/Foto-29//18
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías

1900, ca.
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 565 x 410 mm. sobre cartón de 655 x 485 mm.

En: 01.07.01.05 - Fotografías

En formato horizontal imaxe dun pazo, destacan dúas torres cuadrangulares con remate de ameas, unha torre-campanario con cupuliña, e fachada con solaina de dous corpos con arcadas. En primeiro plano, unha ampla zona de vides e ao fondo, monte.

RBC/P-5
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
1928, ca.
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 110 x 163 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Reprodución fotográfica dun cromo de `Estampas de Galicia` coa vista dunha praza empedrada cun cruceiro no centro; na escalinata do cruceiro hai tres nenos pequenos. Ao fondo, unha casa con corredor con barandilla de pedra. No lado dereito, tres casas mariñeiras do pincho, cun dos seus muros piñóns na fachada.

CFX/Foto-29//34
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1920 / 1929
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 158 x 112 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Reprodución fotográfica dunha fotografía coa vista dunha eira empedrada cunha palleira dun andar na esquerda. Ao fondo hai dúas mulleres vestidas con panos da cabeza, camisas, saias e mandís, unha delas levando un gran saco branco na cabeza. Detrás, un muro de pedra pechando a eira, cunha porta baixa de listóns de madeira. Por detrás do muro hai un cruceiro e un hórreo de dous claros, cámara de pedra e cuberta de tella.

CFX/Foto-29//38
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
1922 / 1930
2 fotografía(s) Positivo en branco e negro 176 x 126 mm.; 120 x 90 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Reprodución fotográfica dun cromo de `Estampas de Galicia` coa vista dunha lareira co lume aceso. A carón da lareira, sentada nun banco de costas ao espectador, hai unha muller cun vestido escuro con lunares brancos e pano da cabeza de cor negra. Pendurados do teito, varios alimentos postos a secar e afumar. Na repisa da cambota, varias botellas e utensilios domésticos.

CFX/Foto-29//36
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
1922 / 1930
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 162 x 114 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Reprodución fotográfica dun cromo de `Estampas de Galicia` coa vista dunha rúa empedrada pola que pasa un carro do pais tirado por unha parella de bois xunguidos por un xugo de canga de bregueiros. O carro leva os ladrás postos entre os estadullo e sobre o chedeiro vai unha moza vestida con pano da cebza e camisa brancas. Detrás, varias casas entre medianeiras, a máis grande con corredor no andar, con barandilla de madeira.

CFX/Foto-29//35
Página: 1/1