Escrito dirixido ao avogado Isidro Buceta adxunto dos testemuños tomados do xornal El Pueblo Gallego de Vigo e de autoridades civís e relixiosas para interceder por Victoriano García Martí.
Marcial García Martí escribe a Cristino Jalón para pedirlle que confirme ante as instancias pertienentes unhas verbas que Victoriano García Martí pronunciou na Embaixada de Cuba, anterior as eleccións, comunicando o seu desleixamento do Partido de Esquerda Republicana, xa que están convencidos de que así favorecerá a causa para saír do cárcere de Burgos.
Está incompleta
Marcial García Martí escribe a Federico García Sanchíz a instancias de Victoriano García Martí para solicitar que interveña na mellora das condicións nas que está, se non é posible conseguirlle a posta en liberdade
Marcial García Martí pide a Isidro Buceta que visite no cárcere cantas veces poda a Victoriano García Martí para axilizar xestións e comunicacións sobre o caso.
Marcial García Martí escribe a Joaquín Blanell para pedirlle que confirme ante as instancias pertienentes unhas verbas que Victoriano García Martí pronunciou na Embaixada de Cuba, anterior as eleccións, comunicando o seu desleixamento do Partido de Esquerda Republicana, xa que están convencidos de que así favorecerá a causa para saír do cárcere de Burgos.
Marcial García Martí escribe a Joaquín Planell dando o recado de Victoriano García Martí de que non deixe de visitalo cando estea en Burgos
Marcial García Martí escribe a Joaquín Planell respondendo unhas preguntas sobre o expediente de Victoriano García Martí
Marcial García Martí escribe a Joaquín Planell agradecendo a súa xestión e para pedirlle que inflúa na mellora das condicións de Victoriano García Martí por motivos da súa delicada saúde.
Marcial García Martí agradece a Juan Pujol que responda á súas peticións e advirte que é probable que non lle entregasenunha carta a Victoriano García Martí, xa que ten limitada a correspondencia a familia exclusivamente
Marcial García Martí escribe a Juan Pujol, en San Sebastián, para pedirlle que envíe canto antes un informe que será de axuda para resolver o caso de Victoriano García Martí, ou aliviar a situación que está facendo mella na súa saúde mental e física
Marcial García Martí escribe a Luís Benítez para pedirlle non esqueza a situación de Victoriano García Martí, quen ten información que debe coñecer para poder proceder.
Está incompleta
Marcial García Martí escribe a María Gloria Sol, viúva de Domínguez, a instancias de Victoriano García Martí, con quen coincidíu na Embaixada de Cuba o tempo que estivo el alí refuxiado, solicitando a súa testemuña a favor do seu irmán.
Copia da carta que Marcial García Martí escribe de novo a María Gloria a instancias de Victoriano García Martí, con quen coincidíu na Embaixada de Cuba o tempo que estivo el alí refuxiado, insistiendo na necesidade da súa testemuña a favor do seu irmán.
Marcial García Martí detalla ao seu irmán as xestións que está levando a cabo, as cartas que escribe, a quen e o que solicita para conseguir a súa liberación
Marcial García Martí escribe a Federico García Sanchíz para darlle as gracias polas xestións que realizou a favor de Victoriano García Martí.
Marcial García Martí escribe a Federico García Sanchíz para solicitar que se entreviste con Sainz Rodríguez e fale a favor de Victoriano García Martí
Marcial García Martí escribe a Federico García Sanchís para explicarlle con detalle os puntos dos que se acusa a Victoriano García Martí, de xeito que poda levar a cabo xestións que axuden a sacalo do cárcere canto antes.
Marcial García Martí escribe ao Delegado de Orden Público de Burgos remitindo un testemuño favorable (que falta aquí) para ser adxuntado ao expediente de de Victoriano García Martí.
Parte dunha carta que Marcial García Martí escribía a diversas autoridades para pedir que confirmen ante as instancias a conducta de Victoriano García Martí xa anterior as eleccións, remitindo ao artigo publicado por La Voz de Galicia o 29-01-1936 comunicando o seu desleixamento do Partido de Esquerda Republicana, xa que están convencidos de que isto o axudará a saír do cárcere de Burgos.
Copia do testemuño notarial sacado na Coruña polo notario de La Hoz y de Val e enviado a Burgos para interceder por Victoriano García Martí, xa que atestigua que Marcial García Martí presentou un exemplar de La Voz de Galicia con data 29/01/1936 no que se recolle a baixa do seu irmán no Partido de Esquerda Republicana.