Folla de almanaque do mes de outubro de 1938, con debuxos relacionados co mundo do viño. Na metade superior da folla e precedido do debuxo dunha gaiola con catro paxaros, un listado cos nomes en clave de prisioneiros en Burgos, incluído Victoriano García Martí, empregando nomes de paxaros
Copia da carta que Eugenio Montes, Conselleiro Nacional, escribe a M[ercedes] García de Bermejo, poñéndose a disposición para o que precise Victoriano García Martí, que pode dar o seu nome como referencia para falar a favor da súa causa
Copia de dúas cartas destinadas a dar testemuñas a favor de Victoriano García Martí. A primeira está asinada por Eugenio Montes e dirixida a Mercedes García de Bermejo, poñéndose a disposición do que precise o detido. A segunda está asinada por Juan Pujol e dirixida ao Delegado de Orden Público de Burgos, manifestando a súa positiva impresión sobre Victoriano