O remitente, presidente da Xunta Central da Exposición Regional Gallega de 1909, comunica ao Ministerio a celebración da futura exposición e informa da rehabilitación e ocupación do edificio San Clemente, destinado á Escola de Artes e Industrias e de Veterinaria, e que pasará a ser a sede da mostra.
Inclúe a resposta do Subsecretario do Ministro co data `5 junio 1908`, derivando a consulta ao Reitor da Universidade de Santiago
O remitente, Cleto Troncoso Pequeño, reitor da Universidade, comunica ao destinatario a autorización da cesión dos espazos de San Clemente e Escola de Veterinaria, para sedes da Exposición Regional Gallega 1909. Mecanografada e nota manuscrita a pluma.
O remitente, presidente da Xunta Central da Exposición Regional Gallega de 1909, solicita ao reitor da universidade de Santiago, Cleto Troncoso Pequeño, o espazo que ocupa a Escola de Veterinaria no edificio San Clemente, para sede da mostra. Así informa da duración da exposición e da inaguración.
O remitente, en nome do Ministro de Instución Pública comunica, que visto o expediente para a celebración da Exposición Regional Gallega de 1909, conceden o pertinente permiso para ocupar o edificio San Clemente, dependencias da Escola de Artes e Industrias e de Veterinaria.
O remitente, presidente da Exposición Regional Gallega de 1909, cita ao destanatario, vicepresidente da Sección Arqueolóxica, para unha reunión no edificio San Clemente a fin de examinar as obras de rehabilitación