Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio de Isabel de Borbón, Princesa de Asturias coñecida popularmente como `La Chata`; filla de Isabel II e irmá de Afonso XII. Aparece vestida á moda de polisón, sentada nunha cadeira de brazos, cun abanico nunha man; detrás, á dereita, unha mesa cun centro de flores e unha cortina de fondo.
Herbert, Pedro Martínez de, 1819-1891, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, con bigote e abondosas patillas, vestico con casaca escura con condecoracións e unha banda encarnada cruzando o peito.
Mouton García, Luis, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio dos reis Afonso XII e a súa segunda muller Mª Cristina. Ambos están sentados, ela de lado nunha cadeira e el a cachapernas, co respaldo entre ambas pernas. Ela vai vestida ao estilo polisón e el con traxe de levita.
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio pintado a cor co busto da raíña Mª Cristina, segunda muller de Afonso XII, inscrito nun óvalo. Leva o pelo recollido con dúas flores vermellas e un vestido da mesma cor cos ombros descubertos. No pescozo e sobre o escote, un colar de perlas de 6 voltas; no vestido, unha flor e un broche en forma de frecha cunha esmeralda.