Acta de votación para a mesa electoral, coa votación do Presidente e os catro Secretarios escrutadores.
Acta plenaria de xunta extraordinaria do Concello de Tui.
Acta plenaria do Concello de Tui sobre incidentes nunhas eleccións. Incompleta.
Actas de sesións do concello de Tui no ano 1878.
Apuntamentos de asuntos económicos do Concello de Tui, entre os anos 1877 e 1881. Hai unha carta do Goberno Provincial desestimando unha petición do Concelleiro Interventor, notas de cargos, contas sen detallar de 1877-1881 sobre unha fianza de quinquenio, e saldos de contas de valores do Concello coa firma `Rovira Valdés Hermanos`.
O remitente envía a resolución do Gobernador no asunto do papel queimado, comentando que o caso foi moi complicado e precisou o asesoramento de Montero Ríos
O remitente informa da reunión mantida no Concello de Tui para tratar a resolución da Real Orde no preito do papel queimado e como resolver o asunto do mellor e menos gravoso modo para o Consistorio e para os concelleiros, máis as impresións recibidas.
Comunicación de Hipólito Padin ao alcalde de Tui aceptando o cargo de Depositario dos Fondos Municipais dese concello. A vez solicita autorización para poder ser sustituido sempre que o precise por unha persoa da súa confianza, Manuel Fernández Valdés, e pide permiso para doar parte do soldo que se lle asigna polo cargo as arcas municipais.
O remitente brinda a Ricardo Blanco-Cicerón o seu apoio no asunto do preito do papel queimado
O remitente comenta as súas impresións, favorables a Blanco-Cicerón, á vista da lectura do expediente do preito do papel queimado. Tamén fai referencia á situación do Hospital de Tui e á consideración da Beneficencia.
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón dunha reunión no Concello acerca do asunto do preito do papel queimado
O remitente comenta a Real Orde no preito do papel queimado e a súa valoración do que está pasando
O remitente comenta algunhs feitos e apreciacións propias sobre os involucrados no preito do papel queimado
O remitente envía copia do informe do Gobernador sobre o asunto de José Amoedo, cunha modificación que non afecta a Ricardo Blanco-Cicerón. Tamén comenta a súa petición para que sexan declarados responsables só o Depositario e quen lle autorizou a levar os papeis a súa casa
O remitente comenta a o desestimento por parte do Gobernador interino do recurso de alzada no asunto do papel queimado do Concello de Tui
O remitente informa sobre a R.O. que declara ao Concello de Tui responsable no caso de José Amoedo pero con dereito a que respondan os membros da Corporación, e a intención do Concello de que únicamente Juan Ramón Pérez Hermida, o Depositario, e propio Ricardo Blanco-Cicerón paguen o reclamado. Tamén confía en que Montero Ríos poda axudar a resolver o asunto
O remitente informa que o Alcalde xa ten orde do Ministerio de Gobernación de pagar a José Amoedo polo asunto do papel queimado, e confía que se vaia pechando o tema
O remitente informa que o Concello resolveu que se fagan por vía xudicial as reclamacións do asunto do papel queimado aos concelleiros, o cal entende que beneficia a Blanco-Cicerón, excepto a aqueles que non participaron no nomeamento do Depositario
O remitente informa que o Alcalde de Tui interpon recurso de alzada ante o Mº da Gobernación sobre o asunto do papel queimado, e detalla os pasos que el dará en favor da causa de Blanco-Cicerón
O remitente comenta a Ricardo Blanco-Cicerón as posturas dos membros da Comisión do Consistorio do preito do papel queimado, insistiendo en que non ten motivos de preocupación