Acta do acordo tomado por Benigno de la Riva, Jacobo García e Manuel García Blanco, en representación de `Viuda e Hijos de Simeón García` e Ambrosio Herrreros en representación de Adelaida Herreros. É copia.
Documento de venda otorgado por Manuela de Cancelada a Ignacio e Manuel Herreros, veciños de Oviedo e Santiago, respectivamente, por dúas tabladas dunha horta en Villafranca del Bierzo.
Escritura de adquisición dun foro en Villamayor de Villamartin polo que se pagan 240 reais anuais a Manuel Herreros.
Escritura de foro de Manuel Ruíz Moreno a Gabriel Cabeza por diversos terreos e casas. Inclúe recibo de pago no rexistro da propiedade a nome de Adelaida Herreros.
Escritura de venda de pensións feita polos testamentarios de Manuel Mariño a favor de Adelaida Herreros.
Préstamo de 60.000 reais de Manuel Herreros, veciño de Santiago, a Ramón María Otero, veciño de A Estrada.
Testamento de Adelaida Herreros Amor, nomeando albaceas testamentarios a Olimpio Pérez Rodríguez, Ricardo Blanco-Cicerón e Manuel Ces Santos.