Cartel dunhas xornadas organizadas no ano 1992 pola Fundación Juanelo Turriano coa colaboración do Museo do Pobo Galego e o Seminairo de Sargadelos. Deseño de Vis
Cartel da obra `A Esmorga` de Eduardo Blanco Amor representada por Sarabela Teatro, versión teatral de Begoña Muñoz e Carlos Couceuro, e baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda. Reproducción dun debuxo de Díaz Pardo
Cartel da obra `A maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces`, texto de Carlos Queiroz en versión galega de Manuel Lourenzo e baixo a dirección de Xúlio Lago, con María Barcala de protagonista, representada por Teatro do Atlántico no ano 1986. Reproducción dun debuxo de E. Munch
Confraría de Nosa Señora do Rosario (Santiago de Compostela)
Documentos referentes aos confrades (solicitudes de ingreso, relacións de confrades, vacantes e aspirantes) e a correspondencia mantida para a xestión e administración dos asuntos da confraría
Cartel para a difusión do anteproxecto do Museo do Mar de Galicia deseñado por Aldo Rossi e César Portela para Vigo. Deseño de Eloy Lozano
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista frontal do anverso da cruz procesional da Igresa de Santa María do Campo de Viveiro. Sobre unha macolla de estrutura arquitectónica gótica hexagonal, con ventás e pináculos, elévase un Cristo crucificado en cruz de prata do século XVI, de forma flordelisada con motivos vexetais platerescos
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Arqueta eucarística da Colexiata de Santa María do Campo sobre fondo de tecido escuro. A arqueta é unha caixa octogonal profusamente ornada con motivos vexetais e anxos. Apóiase sobre catro aguias coas ás despregadas. Coroa o conxunto un Agnus Dei sobre un leito de espigas e acios de uvas
Publicidade dos traballos téxtiles e prezos que realizan no Asilo de Oblatas del Santísimo Redentor de Santiago, no Carme de Abaixo, as mulleres acollidas alí.
O remitente, corresponsal na Coruña da Exposición Regional Gallega de 1909, informa dos avances nas xestións dos comisionados, e trata o asunto dunhas inscricións na Colexiata de Santa María.
O remitente, prior da irmandade, solicita a Ricardo Blanco-Cicerón, colaboración económica para sufragar a realización dos altares, púlpitos, tribuna e entarimado da igrexa, cun importe de 2500 pesetas. Carta asinada polo prior, viceprior e polo síndico
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o acordo recollido na acta do cabido da Confraría para transmitirlle o recoñecemento e a gratitude da Confraría polas súas xenerosas e continuas doazóns en beneficio da mesma
Carta de Jesús Montero, Secretario do Concello, a Ricardo Blanco-Cicerón para comunicarlle o envío das contas da Confraría do Rosario.
Carta de Jesús Montero, Secretario do Concello, a Ricardo Blanco-Cicerón comunicándolle a elección de dous novos membros para a Confraría do Rosario.
Carta de Jesús Montero ao Irmán Maior da Confraría do Rosario, comunicándolle a súa ausencia para o Cabido Xeral e pide que o sustitúa Ricardo Blanco-Cicerón nese acto.
Carta de agradecemento do presidente do goberno polo envío dun exemplar do libro escrito por Darío Acuña Lagos, sobre a súa experiencia como piloto de caza na Guerra Civil Española.
Carta de Pablo Costanti Ballesteros a Ricardo Blanco-Cicerón para tratar de solucionar un asunto pendente dende hai anos da Confraría do Rosario de Santiago co remitente.
Carta de Pablo Costanti Ballesteros a Ricardo Blanco-Cicerón para tratar sobre a remuneración do traballo que fixo organizando o arquivo da Confraría do Rosario de Santiago.
Carta de Ricardo remitida á Real Confraría do Rosario de Santiago solicitando poder dar sepultura a súa filla no cemiterio da confraría da que el era membro.
A remitente, integrante da irmandade do Corpus, informa a Blanco-Cicerón sobre a recepción do estandarte do Corpus e agradece a financiamento por parte de D. Ricardo
A remitente, integrante da irmandade do Corpus, informa a Blanco-Cicerón sobre os deterioros do forro e as borlas do estandarte do Corpus