O remitente informa que o Cabido autoriza o préstamo das pezas, sempre que sexa o propio A. Cerviño o encargado de acompañar os obxectos na viaxe a Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `6 junio`
O remitente comunica que sigue traballando na busca de materiais, pero sinala inconvintes por parte dos párrocos a pesares da circular enviada polo Bispo pedindo colaboración coa Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `Lda 14`
O remitente informa da existencia dunha colección diplomática da Catedral de Tui de interese para a Exposición Regional Gallega de 1909, e ofrécese para buscar máis obxectos nas parroquias próximas. An. ms. `Lda 23`
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, manifesta expresivas grazas pola carta remitida por Ricardo con data 17 do mes corrente.
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa sobre a misa diaria que realiza no altar da Virxe das Dores da catedral de Tui, por parte do Doutoral, ata nova orde. Agradece e felicita as festas de Nadal
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, solicita forma de pago do importe anual do alugueiro da casa descontando o importe da obras realizadas.
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do envío de 450 pesetas para saldar a débeda con Ricardo e comenta sobre as obras que o concello obrigou a facer nunha canle da casa no muro da horta que da á rúa Nueva
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, envía o estado de contas. Indica a entrega ao doutoral o importe pola misa diaria no altar da Virxe das Dores da catedral; ao mesmo o pago dun novenario; o importe da renda da casa, con saldo a favor de Ricardo por 222 pesetas que entrega ao Sr. Laiseca
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, solicita indicacións para o pago anual do alugueiro, xa sexa por xiro postal ou por outra forma. Na segunda folla, borrador da resposta de Blanco-Cicerón
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, solicita indicacións para o pago anual do alugueiro, xa que non recibiu resposta desde a última carta, indicando que de non recibir orde contraria, procederá ao xiro postal da cantidade
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, sobre o envío por xiro da cantidade de 710 pesetas para saldar o alugueiro da casa do ano anterior, e solicitando acuse de recibo
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do remate das obras da cociña do andar segundo da casa alugada, tamén comenta do resultado do tubo da cheiminea, e outros arranxos de carpintaría necesarios tras o reforma
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do envío da plano e orzamento para a reforma da cociña no segundo andar, para poder alugarse á familia do novo doutoral. Inclúe a forma de pago, descontando dúas pesetas da mensualidade do alugueiro
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa que xa comprou unha caixiña de angulas. Comenta tamén sobre próximo envío de plano e orzamento da cociña do primeiro andar da casa e o retraso das obras ata primavera
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa que as enviará en canto alguén se presente para a venda, e comenta que polos temporais é posible que veñan con retraso
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, pon a disposición de Ricardo o pago do alugueiro anual da casa onde vive. Informa sobre o interese do novo doutoral de alugar o segundo andar da mesma casa, promete enviar plano e orzamento da reforma. Ao final da carta, borrador da resposta de Ricardo pouco lexible
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, agradece un ofrecemento de Ricardo e informa de que en caso de abandonar a casa que ten alugada avisaría con tres meses de antelación
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, pregunta a Ricardo sobre como vai facer o xiro da renda vencida do ano anterior, dunha casa de Tui. Tamén felicita as Pascuas e o novo ano.
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do xiro da cantidade aproximada do total do alugueiro do ano da casa a razón de dúas pesetas diarias. Comenta sobre a personalidade do novo procurador
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa sobre a decisión de alugar ou comprar por 5000 duros a casa de Ricardo en Tui para sede do Escola Marista, alugada nestes momentos polo remitente