Postal que reproduce unha cromolitografía debuxada por Luis Labarta y Grañé e litografada por Magin Pujadas en 1895, ca. Representa a imaxe idealizada dunha muller da provincia da Coruña vestida co chamado `pano de bobiné`, dengue e mantelo vermello con rodos negros e refaixo tamén vermello, calzada con zapatos de taco. No ángulo superior esquerdo, o escudo da Coruña
Postal na que se reproduce un debuxo coa imaxe idealizada dunha parella nun peirao, vestidos con traxes típicos.
Imaxe de catro homes con indumentaria tradicional con chaleco, calzón curto, polainas e monteira, sentados nunha mesa de taberna.
Debuxo a cor dun busto feminino, peiteada e pintada á moda dos anos 20, pero con pano da cabeza e dengue. Ao fondo, a Catedral de Santiago
Debuxo coa imaxe idealizada dunha muller collendo auga nunha sella. Vai vestida con pano da cabeza, mantón sobre camisa de amplas mangas, saia, mandil e zocas de punta moi picuda.
Postal na que se reproduce un debuxo da autoría de Juan Giralt Levin na que se representa a imaxe idealizada dunha parella nunha eira, ela en actitude de bailar e el cunha gaita.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925, con dous manequíns, un masculino e outro feminino diante do pórtico dunha igrexa, cun arco de medio punto. Á dereita está o manequín do home, apoiado na columna da porta. Leva a cabeza descuberta, pois ten o pucho na man esquerda. Viste unha almilla co corpo negro e as mangas claras, adornada con remontas xeométricas nos puños e na parte inferior. Por baixo, leva unha camisa branca e unha faixa de cor clara, cos flocos colgado lateralmente. Nas pernas leva calzón curto sobre as cirolas, polainas e zapatos. Á dereita está o manequín feminino, de costas, axeonllada no chan. Leva unha mantela de pano cun ancho rodo de veludo e adornada con agremán bordado na parte central. De cintura para abaixo leva unha saia negra e un mantelo, tamén con rodo de veludo e agremán bordado.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Málaga na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena de pesca con catro manequíns masculinos nunha praia na que está varada unha embarcación. Á esquerda hai un home con dous cestos de esparto cargados de peixe, pendurados dos brazos; no centro, outro home cun xeonllo apoiado no chan e ao seu carón dous rapaces de costas, recostados no chan.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Murcia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena exterior con cinco manequíns, tres mulleres e dous homes. No lado dereito hai unha parella de mozos cos traxes típicos; no centro, outra parella de máis idade e na esquerda unha muller axeonllada. No fondo, debuxado na parede, unha paisaxe cunha casa típica.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Valencia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena doméstica con catro manequíns femininos, vestidos de `falleras`, no interior dunha casa. No centro da composición, unha muller sentada nunha cadeira diante dun secreter aberto. Ao seu carón, dúas mulleres de pé, unha mostrándolle tecidos e a outra colocándolle unha mantela polos ombreiros. Detrás, unha muller de idade avanzada observando uns tecidos de seda.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Valencia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena doméstica con dous manequíns masculinos, no interior dunha casa. No centro da composición, un home sentado nunha cadeira, vestido con camisa, chaleco e pantalón longo; ao seu carón, outro home de pé con chaqueta e calzón curto; ambos homes calzan alpargatas, Detrás unha cama e o manequín dunha muller maior mirando unha tea.
Postal que reproduce unha cromolitografía debuxada por Luis Labarta y Grañé e litografada por Magin Pujadas en 1895, ca. Representa a imaxe idealizada dunha muller da provincia de Lugo vestida con pano da cabeza, dengue vermello sobre camisa branca, refaixo laranxa e mandil azul recollido dun lado; calzada con zocas. Nas mas leva un cesto de dúas asas. No ángulo superior esquerdo, o escudo de Lugo.
En formato horizontal, vista xeral dunha escena de baile tradicional con catro mulleres e dous homes bailando e vestidos con indumentaria floclorizada. Na dereita, un grupo de músicos, tamén con vestimenta folclorizada.
Retrato dunha muller burguesa vestida co `traxe de galega`. Leva a cabeza descuberta, co pano no pescozo. Vai vestida cun mantón de seda bordada sobre chaqueta de pano e un mantelo de veludo con agremán bordado sobre un refaixo. Nunha man leva un pano das mans branco e na outra un pequeno cesto con mazás
Postal que reproduce unha cromolitografía debuxada por Luis Labarta y Grañé e litografada por Magin Pujadas en 1895, ca. Representa a imaxe idealizada dunha muller da provincia de Ourense vestida co pano da cabeza no pescozo, dengue sobre camisa branca, refaixo amarelo e mantelo negro, calzada con zapatos de corte salón. No ángulo superior esquerdo, o escudo de Ourense
Postal na que se reproduce un debuxo coa imaxe idealizada dunha muller dando de comer as galiñas; ao fondo, un camiño por onde se achega un home co paraugas aberto.
Postal que reproduce unha cromolitografía debuxada por Luis Labarta y Grañé e litografada por Magin Pujadas en 1895, ca. Representa a imaxe idealizada dunha muller da provincia de Pontevedra vestida con pano da cabeza sen atar, dengue vermello sobre xustillo negro e camisa branca, refaixo amarelo e mandil vermello; leva os pés descalzos e un cesto na cabeza. No ángulo superior esquerdo, o escudo de Pontevedra
Garzón y Señán, Fotógrafos (Granada) Garzón Rodríguez, Rafael Señán González, Rafael
Retrato de homes vestidos de mouros con turbantes e xilabas, nunha habitación con decoración árabe: artesonado no teito, entrelazados e celosías nas paredes e ventás e unha sucesión de arcos adornados con lacerías, sucesión de rombos e decoración vexetal. Dous dos homes están de pé, portado uns longos mosquetes. Outro home está sentado no chan, apoiado nunha das columnas e o cuarto está reclinado no chan, apoiado nun almofadón.
Pardo Campos, Luisa, 1867-1926, Fotógrafa . (Mondariz)
Retrato dun grupo de turistas vestidos con traxes galegos e levando gallas, forquitas e cestos. Algúns homes van vestidos de muller e algunha muller de home.
Retrato grupal de cinco rapazas con indumentaria tradicional na eira dunha casa. Á esquerda, unha das rapazas leva na man unha cesta, e á dereita, outra, porta unha cesta na cabeza.