Desde a Cámara Oficial de Comercio e Industria de Tui escriben a Ricardo Blanco-Cicerón para pedirlle que colabore económicamente no proxecto dunha nova praza de abastos na cidade. Asinada por varios membros da corporación, encanbezada por Petronilo Caravelos.
O remitente, que asina `Hijos de Simeón García`, informa a D. Ricardo sobre o envío dun paquete con acibeche para que o examine e dea as instrucións pertinentes para remitir aos Sres. Fillos de Pablo Pérez, de Colunga
Manuel Tejero escribe a Joaquín Acuña Soage, que pasa unha tempada en Madrid, sobre as receitas e gastos da farmacia. Adxunta unha carta de Darío Acuña para seus pais, e a folla de gastos e ingresos detallada da farmacia.
O remitente informa a D. Ricardo sobre unhas xestións a realizar en Asturias
Petronilo Caravelos, da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Tui, escribe a Ricardo Blanco-Cicerón sobre como facer efectiva a colaboración económica no proxecto da nova praza de abastos na cidade.
Interior dun establecemento comercial, con mostradores de vidro, armarios ata o teito e recipentes de vidro para caramelos
Interior dun establecemento comercial, un panel de madeira no centro da imaxe separando a estancia en dúas seccións, varias cadeiras, amais dun xarrón con ramas de palmas.
Interior dun establecemento comercial, un pequeno salón con varias mesas e cadeiras, e un panel central que separa o salón da zona de despacho
Ramón Tojo Roel, avogado representante de Antonio Rodríguez Santiago e Felipe Bobillo, pide a absolución da demanda interposta por José María Penas, avogado de Pedro Junquera, alegando a liberdade de contrato (13 de xullo de 1893) e a posterior disolución da sociedade en tres partes, sen responsabilidade do sucedido posteriormente.
Cartel publicitario da Discoteca Pirámide. Deseño gráfico, Pepe Barro