Convenio ante o notario Ildefonso Fernández entre José Pimentel Aller e os seus acreedores para que o primeiro lles devolva os seus créditos, tanto aos presentes coma aos non presentes, dada a mala situación do seu negocio, para saldar todas as débedas enumeradas.
Acordo entre Bernardo Caetano Riazos de Aldao e Domingo Francisco Gayoso de los Cobos, Conde de Amarante nun preito por un muro construido por este xunto a casa do primeiro, na Algalia de Abaixo.
Acordo para o reembolso dos créditos solicitados por Ana María de Otero e fillas para a tenda de Comercio de tecidos que rixen, e penas que sufrirían en caso de impago aos acreedores ante os testamuños necesarios.
Acta do acordo tomado por Benigno de la Riva, Jacobo García e Manuel García Blanco, en representación de `Viuda e Hijos de Simeón García` e Ambrosio Herrreros en representación de Adelaida Herreros. É copia.
Alegación de José Soto Suances e Valentina Veiga Fernández polos seus dereitos reais sobre a casa do Carme de Abaixo que din que lles debe Ricardo Blanco-Cicerón.
Alegación de Julián Obaya para inscribir unha finca do Convento Dominicas de Belvís a nome do Estado, froito da desamortización. Inclúe a certificación de Carlos Cortés Morales, xefe da Sección de Intervención da Administración, de que a finca está desamortizada en virtude da Lei de 1º de maio de 1855 e 11 de xullo de 1856.
Borrador do alegato da defensa a favor dos seus clientes considerando o feito como unha disidencia científica, e considera que hai unha falsedade de imputación e bulo nun texto.
Alegato de Domingo Benito Rivas e Julián Obaya na defensa de Francisco Claro, soldado de infantería, na causa pola morte no cárcere de Manuel Vázquez alegando a loucura de Claro (argumenta que tiña visións, golpes na testa, falaba só, inventaba cousas) e o mal carácter de Vázquez, chamándolle provocador pendencieiro.
Alegato do procurador Manuel Giménez, en nome do director do Banco de Santiago, Lorenzo López de Rego, no expediente de execución contra Camilo Bertorini para o pago de 8.476 escudos a favor do primeiro e tamén petición de licenza para iniciar accións por calumnias e inxurias contra o procurador de C. Bertorini.
Consideracións do avogado de Jacobo Flores, ao respecto da pretensión da demandada (non figura o nome) no caso dunha compravenda de terras, e as rendas que xeneran.
Alegato de Joaquín Pensado en defensa dos seus representados, acusados de desacato á autoridade, alegando para eso, ausencia de calumnias, inxurias, insulto nin ameaza e constituíndo só un acto de solidaridade co seu compañeiro o profesor Francisco Giner de los Ríos.
Asinado por Joaquín Pensado Mosquera e Julían Obaya.
Alegato de Joaquín Pensado Mosquera en defensa dos seus representados, Augusto e Laureano acusados de desacato ao goberno dentro do proceso contra o profesor Francisco Giner de los Ríos.
Alegato de Ramón Tojo no nome de Francisco Bentín e Domingo Pintos no caso da denuncia por falsedade dunha acta interposta por Ángel Aldrey e o seu procurador Domingo Sánchez. Fala dunhas denuncias calumniosas e duns delitos `fantásticos` e descalifica ás testemuñas chamándolle a unha, por exemplo `perdido que acabó en trapisondas, (...) almuerza con aguardiente`. Busca amosar que existen incoherencias, olvidos estraños e a existencia dunha trama e confabulación contra os seus defendidos, e pide a instrución dunha causa contra as testemuñas Ozal e Souto. Nomea tachas doutras testemuñas e solicita volver a interrogar por separado a outras, asemade pide se lle mande exhorto ao secretario e ao alcalde para que mostren o patrón vecindario desde 1860 para ver o reparto de contribucións.
Ver nivel superior
Relato de Joaquín Pensado no que solicita que se declare ao seu respresentado, Francisco Blázquez García como único herdeiro universal ab in testato do seu tío o Arcebispo de Santiago, Miguel Cuesta García. Xuntando a árbore xenealóxica desta familia.
Ver nivel superior
Consideración do procurador do caso Blázquez García contra Nicasio Sánchez, sobre as respostas nos interrogatorios das diferentes testemuñas e persoas implicadas no caso.
Ver nivel superior
Consideración do procurador Joaquín Pensado das respostas do interrogatorio a Nicasio Sánchez, na causa da herdanza de Miguel Cuesta García, arcebispo de Santiago e tío do seu representado, Francisco Blázquez García.
Laureano Cerezo, no nome de Ignacio Fernández, cura de Santa Cruz de Rivadulla, pide a revocación da sentenza do vicario da Diocese de Santiago polo abuso no exercicio do seu ministerio. Alega a actitude de `provocación` do Marqués de Figueroa contra os feligreses e a igrexa como atenuante na desobediencia a un superior, dado que consideran que o Marqués actuou de mala fe para perxudicar ao párroco.
Ante a petición do avogado Joaquín Pensado Mosquera, o xuíz Ciriaco Anaya dicta un auto que resolve como este solicitaba; a declaración de herdeiros e a división da herdanza e dúas metades, unha para a viúva do seu irmán Alejandro de Castro, Mª Concepción de Castro, Marquesa de Vilagarcia, e a outra, para os sobriños do primeiro e segundo matrimonio de Alejandro.
Borrador incompleto dunha reclamación entre Carlos Ojea González e Alfonso Ungría Gargallo e José María Pérez y Gómez sobre a titularidade da marca `Avante` para unha xestoría administrativa, xa que ambos teñen sendos negocios co mesmo nome en Coruña
Ver nivel superior
Carta a Francisco Blázquez, informando do interese por parte dos seus curmáns (Nicasio e Juan Francisco) e Pablo Cuesta por chegar a un acordo sen ter que ir a preito, instándoo a ceder en certas pretensións, polos custos dos xuizos. Invítao a ir a Santiago para tratar do asunto.