Tres castellers formando un castell humano no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, nunha peregrinación de cataláns nun Ano Santo
As Marías, As dúas Marías, As dúas en punto ou as Irmás Fandiño Ricart, paseando collidas do brazo polo paseo central da Alameda de Santiago. Coralia, á esquerda, leva un vestido de manga curta cun colo branco; vai agarrada do brazo da súa irma Maruxa, á dereita cun vestido escuro e un sobretodo claro. Ao fondo varios transeúntes e unha fonte.
As Marías, As dúas Marías, As dúas en punto ou as Irmás Fandiño Ricart, paseando collidas do brazo por unha rúa de Santiago. Coralia, á esquerda, leva un abrigo de cor vermella, sandalias brancas e un paraugas azul pendurado do brazo. Vai agarrada do brazo da súa irma Maruxa, á dereita vestida de azul clara con vestido, abrigo e mantón e un pano floreado na cabeza.
Palco da Música da Alameda de Santiago, cunha parella apoiada no muro. É copia dunha fotografía antiga, posiblemente estereoscópica, pois parte da imaxe se repite na esquerda da foto.
Grupo de persoas portando uns ramos diante da porta Santa da Catedral, coa reixa aberta; á dereita, unha muller vestida á moda da Belle Epóque. É copia dunha fotografía antiga, posiblemente estereoscópica, pois parte da imaxe se repite na dereita da foto.
Edificio Castromil na actual Praza de Galiza de Santiago de Compostela, visto desde a Porta da Mámoa. Diante varios autobuses e un garda urbano subido a un pedestal e baixo un parasol. En primeiro plano un coche azul con capota branca.
Praza das Praterías coa Fonte dos Cabalos no centro da imaxe, cun grupo de mozas recollendo auga nas sellas. Camiñando cara a fonte, de costas, unha muller cunha sella na cabeza.
Praza das Praterías desde os soportais da Rúa do Vilar. Na Fonte dos Cabalos un grupo de mozas collendo auga nas sellas.
Busto dun mozo de pelo curto, vestido con camisa, garavata e chaqueta,
Retrato de José Ramón Pol Lemos con tres mulleres e un can de raza Collie, nunha rúa; ao fondo, palmeiras e edificios.
Retrato dun grupo de homes nun interior; no centro, o caricaturista Tomás Pellicer sostendo unha caricatura
Reprodución dun gravado a cor cun castelo de luces no paseo central da Alameda de Santiago, con numeroso público asistente
Vista do casco vello de Santiago desde o Paseo da Ferradura, cos tellados das casas da Rúa do Pombal en primeiro plano. Ao fondo, a fachada traseira do Pazo de Raxoi e a Fachada do Obradoiro da Catedral.
Vista das rúas do Franco e da Raíña no casco vello de Santiago desde as Torres da Catedral. Á dereita, o edificio de Fonseca e a Torre da Vela en primeiro plano.
Vista da Carballeiras de Santa Susana desde as Torres da Catedral. En primeiro plano, o pazo de Raxoi e as rúas de Raxoi e a Trinidade; detrás, o Campo de Hortas e a rúa do Pombal.
Fachada do Pazo de Xelmírez e parte da Fachada do Obradoiro da Catedral. En primeiro plano, á esquerda, a esquina do Hospital Real
Praza das Praterías coa Fonte dos Cabalos en primeiro plano cunha muller collendo auga nunha sella. Á esquerda, a Fachada do Tesouro da Catedral e no fondo a de Praterías.
Fachada do Tesouro da Catedral desde o alto da escalinata da Praza de Praterías
Cabeceira da Catedral desde o alto da escalinata da praza da Quintana. No centro da imaxe, a torre da Berenguela. Na parte inferior, a fachada da Porta Santa semioculta polas árbores da praza.
Porta e escudos da Fachada do Hospital Real, cunha muller á dereita da porta e un grupo á esquerda. A ventá do piso superior está aberta.