En formato horizontal retrato masculino, de corpo enteiro, sedente e frontal. O neno leva vestido longo branco e zapatos negros, cos cabelos moi curtos, está baixo unha especie de cabana vexetal.
En formato horizontal, retrato feminino de busto e frontal, cunhas árbores ao fondo. A muller viste chaqueta escura e camisa branca con colo tipo mao. Leva os cabelos recollidos cara atras con ondas nos laterais.
Título de Licenciado en farmacia de Enrique Lagos Carsi.
Photo Art Jusquets, Fotógrafos (Barcelona)
En formato circular, retrato masculino de busto e case frontal. O home viste chaqueta escura con solapas, camisa branca e gravata de lazo, amais dun sombreiro canotier.
Art Studio Pacheco y Vda de Prosperi., Fotógrafos. (Vigo.) Otero Fontán, Cándida.Pacheco, Jaime
En formato oval, retrato de parella, de busto e frontal. Á esquerda, muller con camisa branca de colo alto e cadea con medalla, leva os cabelos recollidos ao medio con medio floco sobre a fronte. Á dereita, home con chaqueta escura con pano no peto, chaleco, camisa branca e gravata de lazo; ten os cabelos engomados e peiteados a un lado, amais de bigote.
O remitente escribe a súa esposa preguntando sobre a ausencia de respostas en cartas e postais anteriores