Reunión de varios membros do Museo do Pobo Galego na sede de El Correo Gallego para preparar a celebración do Primeiro Congreso Europeo do Hórreo, que tivo lugar nas dependencias do museo do 24 ao 26 de outubro de 1985
Celebración do I Coloquio Galego de Museos, organizado polo Consello Galego de Museos e celebrado no MPG na antiga Sala de Concha Vázquez, hoxe Sala de Instrumentos Musicais
01. Intervención dun dos participantes no atril; na mesa, Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra e Felipe-Senén López Gómez, director do Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón.
02. Público participante no coloquio
Don Antonio Fraguas de pé, intervindo na presentación do Coloquio de Etnografía Marítima. Ao seu carón Raquel Casal García, Directora Xeral de Patrimonio Artístico e Monumental e o arquitecto portugués Octavio Lixa Filgueiras
Intervención de Xerardo Pereira Menaut, de pé no atril, durante a sesión inaugural do encontro no auditorio do museo. Na mesa, sentados, Felipe Arias Vilas, Carlos García Martínez e Carlos Alberto Ferreira de Almeida.
Acto de presentación das actas do Congreso Castelao, coa intervención de Avelino Pousa Antelo, de pé. Sentados na mesa, Justo Beramendi González, Victorino Núñez Rodríguez, Presidente do Parlamento Galego, Carlos Pajares e Don Antonio Fraguas