Convenio ante o notario Ildefonso Fernández entre José Pimentel Aller e os seus acreedores para que o primeiro lles devolva os seus créditos, tanto aos presentes coma aos non presentes, dada a mala situación do seu negocio, para saldar todas as débedas enumeradas.
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón que lle debe dúas pesetas, xa que lle cobrou mal o billete de tren, eran 8,2 e cobrou 10,25 pesetas
O remitente, Camilo Cela, solicita ao destinatario información sobre os atrasos nuns pagos ao seu tío, de quen é herdeiro, amais da validez dun poder otorgado polo falecido en 1868.
O apoderado de Carmen Blanco Cicerón, informa a María Blanco Cicerón sobre o ingreso en conta do Banco de Espagña, o importe de 5450 pesetas, polo pago da compra da casa de Tui
O apoderado de Carmen Blanco Cicerón, recibe de María Blanco Cicerón o pago de 5450 pesetas, polo pago da compra da casa de Tui e polos intereses devengados dese ano; indicando a cantidade pendente de pago
O apoderado de Carmen Blanco Cicerón, recibe de María Blanco Cicerón o pago de 450 pesetas polos intereses devengados dunha débeda pola venda dunha casa en Tui
O remitente, e administrador, informa a Ricardo sobre a recepción do novo poder e revocación do anterior, para proceder a demandar ao procurador e poder cobrar as débedas polo impago das renda de varias fincas de Ricardo en Tui
O remitente, e administrador, pregunta a Ricardo sobre o tipo de semente para unha finca en Baldráns, antes propiedade de Blanco-Cicerón. Tamén que está a espera de que o secretario do xulgado entregue os testemuños das rendas cobradas e non pagadas polo procurador, Verísimo Abundancia.
O remitente, e administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa a D. Ricardo, sobre o acordo co procurador Sr. Abundancia para o pago da rendas por dúas fincas, deducíndoas dos gastos que tivo o procurador. Ademais dun saldo a favor de 421.77 pesetas
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do mal comportamento do procurador Verísimo Abundacia, en canto á entrega das rendas de varias fincas, e comenta que falou co avogado de Tui, Pío Abundancia, irmán de Verísimo, para que interceda no asunto
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa sobre o saldo de 1500 pesetas a favor de Ricardo; tamén sobre o comportamento do procurador Verísimo Abundancia, que non entrega as rendas das fincas e acerca do impago da inquilina da casa pequena, por necesitar a casas varias reparacións
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do mal comportamento do procurador Verísimo Abundacia, en canto á entrega das rendas de dúas fincas, `Campo do Pozo` en Areas e `Teorreiros` en Soutelo, amais do retraso no pago do aluguerio da inquilina da casa pequena
O remitente, o administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa sobre o abono en conta de 270 pesetas; comunica o envío das contas na mesma forma que a dos anteriores administradores e traslada a negativa do procurador Verísimo Abundacia, a entregar as rendas de varias fincas en Tui
O remitente, o administrador, informa a D. Ricardo, sobre a ampliación dunhas fotos panorámicas de Tui, xa que o fotógrafo, o Sr. Gutierrez, marcha a Madrid. Tamén que xa ten no seu poder os testemuños das rendas cobradas e non pagadas polo procurador, Verísimo Abundancia
O remitente, o administrador, informa a D. Ricardo, sobre o envío en 15 días da ampliación dunha foto de Tui, do fotógrafo, Gonzalo Gutiérrez. Tamén sobre a recollida de testemuños das rendas cobradas e non pagadas polo procurador, Verísimo Abundancia, que agora parece querer chegar a un acordo máis pacífico
O remitente, o administrador en Tui, informa a D. Ricardo sobre as xestións que está a realizar no xulgado para recopilar a información sobre as rendas que o procurador cobrou polas fincas, pero que non entregou
O remitente, amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, pide saldar a débeda que ten con Ricado, sobre unha caixa que lle pedira e ainda non pagara.
O remitente, un avogado solicita ao destinatario notifique a certos deudores as cantidades adeudadas e a interposición de medidas legais para a súa reclamación
O remitente, Luis Iglesias Labarta a Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o envío do resguardo do último pago de 60.69 pesetas pola venda da casa de Santasmarinas, antes propiedade de Luis e da súa irmá
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do envío de 450 pesetas para saldar a débeda con Ricardo e comenta sobre as obras que o concello obrigou a facer nunha canle da casa no muro da horta que da á rúa Nueva