Instrumentos de pertenza da casa e pensión da rúa da Senra, actualmente a favor de Nicolás Pérez Santa Marina.
Contestación sobre o caso do convenio de herdanza ao que chegaron os irmáns José, Josefa, Vicenta e Valentina pola débeda contraída por José por importe de 20.000 reais, por impago da hipoteca sobre a casa familiar deixada en herdanza por Rosalía García aos seus catro fillos e hipotecada polo fillo, José.
Copia da escritura de mandato de José Fondevila Botana e María Rodríguez a favor de Ricardo Blanco-Cicerón para que, tralo pasamento do seu fillo Gregorio Fondevila Rodríguez, poida levar a cabo todas as xestións necesarias para facerse cargo da herdanza.
Documento de venda de Dolores Sánchez Rodríguez a favor de Ricardo Blanco-Cicerón, por unha casa en Santiago, na Rúa das Salvadas, ante o notario Jesús Fernández Suárez. Inclúe o pago do imposto sobre `Derechos Reales`. Adxunta un borrador manuscrito do documento privado de venda entre Sor Dolores Sánchez Rodríguez, relixiosa de Santa Clara a Ricardo Blanco-Cicerón, acreditando que é dela, por herdanza do seu avó, Joaquín Rodríguez Janeiro.
Conxunto de dúas escrituras en favor de Juan Noguerol. Na primeira, cos bens cedidos por Elvira Díaz, muller de Lopo Cando, ante o notario Vasco Marcote Romaño. Na segunda, as herdades cedidas polo matrimonio Fernando Domínguez e Mayor González, veciños de San André de Carnoedo.
Escritura de cesión e poderío en causa propia outorgada por D. Ricardo Blanco-Cicerón y Núñez a favor de D. Domingo Antonio Abreu y Sestelo ante o notario de Vigo, José María Lence y Díaz.
Escritura de convenio de José Fondevila Botana, María Rodríguez e Ricardo Blanco-Cicerón para proceder, tralo pasamento do seu fillo Gregorio Fondevila Rodríguez, coas xestións necesarias para facerse cargo da herdanza.
Escritura de declaración entre Ricardo Blanco-Cicerón e Ruperto Cepa sobre a parede medianeira de dúas casas colindantes que poseen ambos na Rúa da Senra, na cidade de Santiago.
Relación da escritura de fianza esixida a Vicente Fociños para que poida ser o administrador da empresa `Arriendos de la Sal` coa enumeración das posesións afianzadas, polo que se require a declaración de numerosas testemuñas, peritos coa pertinente resolución xudicial.
Escritura de foro de Manuel Ruíz Moreno a Gabriel Cabeza por diversos terreos e casas. Inclúe recibo de pago no rexistro da propiedade a nome de Adelaida Herreros.
Escritura de mandato de José Fondevila Botana e María Rodríguez a favor de Ricardo Blanco-Cicerón para que, tralo pasamento do seu fillo Gregorio Fondevila Rodríguez, poida levar a cabo todas as xestións necesarias para facerse cargo da herdanza.
Escritura de obriga do difunto Juan Amil de España datada en 1832-09-25, seguida de certificados e toma de posesión dalgúns bens no mesmo ano.
Escritura de poder dada en A Habana a favor de Joaquín Soage Pardavila outorgada por Manuel Valle Fernández, para que traspase a Manuel Saavedra Campo unhas accións do Banco de España e uns cartos.
Escritura de poder de Antonio Santamarina Valdés a súa irmá Peregrina Santamarina Valdés para que xestione como mellor lle pareza os bens que ambos herdaron do seu pai.
Escritura de poder de Ricardo Blanco-Cicerón a Fulgencio Laiseca y Larrea para que administre os bens e rendas que éste ten no partido xudicial de Tui. Asimesmo otorga poder a Verísimo Abundancia, José González e a Fulgencio Laiseca, como procuradores do xulgado de Tui, para que o representen legalmente.
Escritura de poder de Victoria Briones Trevijano a favor de Sebastián Nogueruela e Ramón Castroviejo, expedida en Rosario de Santa Fe (Arxentina), ratificada logo no Consulado de España e no Ministerio do Estado.
Escritura de poder entre Victoria Briones de Barrenechea e Ramón Castroviejo, expedida en Rosario de Santa Fe (Arxentina) e ratificada no Consulado de España.
Escritura de poder outorgada por Jacobo, Manuel, Isabel e Timoteo García Blanco, como socios xerentes da sociedade mercantil `Hijos de Simeón García`, a favor de Ricardo Blanco-Cicerón. As reservas legais están impresas.
Escritura de poder outorgada por Edouard Gregorie no nome da sociedade `Fould et Compagnie` a favor de Ricardo Blanco-Cicerón, para, tralo pasamento do presbítero José María Piñeiro Gil, saldar as súas contas cos sucesores de Olimpio Pérez Rodríguez.