Maciñeira y Pardo de Lama, Federico, 1870-1943
Vista xeral de ábsida gótica con arcos apuntados e estilizados contrafortes, con muro pegado de diferente fábrica.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle de grupo escultórico en composición piramidal; á esquerda figura masculina lixeiramente agachada con capa, coroa e portando un copón (Gaspar); á súa esquerda, figura de pé con turbante, barbado e cun cofre nas mans (Baltasar); no centro de seonllos, figura masculina (Melchor) entregando unha caixa a unha figura feminina sedente (Virxe) e con neno (Xesús) sobre as pernas. Completa a escena, outra figura masculina con barba e caperuza na cabeza (San Xosé) ao lado dereito da muller
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral dunha ábsida gótica. Construción poligonal con cinco estilizadas e apuntadas arcadas entre contrafortes, que están tapiadas, e decoración de tacos baixo o tellado. En primeiro termino, hai un muro de peche con porta de acceso de madeira.
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de torques con barra de sección romboidal e remate de dobre cono, decorado cunha roseta incisa de seis follas.
Carro García, Jesús, 1884-1973
Debuxo de fragmento de colar ríxido, composto por barra de sección romboidal e os remates de conos invertidos. Leva decoración de círculiños.
Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo de medio torques, unha barra, e dous remates. O colar, o torques de Viveiro, con barra de sección romboidal cunha parte decorada con zigzag e remate bitroncocónico. Barra de sección romboidal decorada con motivos ornitomorfos, e un extremo retorcido. Os dous remates, troncocónicos e escocia (moldura cóncava), un deles decorado con roseta de seis puntas.
Mas Castañeda, Pelai, 1891-1954, Fotógrafo . (Barcelona )
Fotografías correspondentes a dous fragmentos de torques, en imaxes conxuntas e cada peza por separado. A peza nº 18 é un fragmento dun torque composto por unha vareta maciza de sección romboidal e remate bitroncocónico macizo. Decorado polas súas dúas caras externas a base de zigzags, realizados con circuliños estampados con punzón simple. A peza 19 corresponde ao terzo central dunha vareta maciza de sección romboidal dun torque roto en tres fragmentos. Decorado polas súas dúas caras exteriores con dous grupos de tres ornitomorfos enfrontados, e no centro dos grupos un rectángulo recheo de circuliños, nos extremos, liñas verticais con circuliños inscritos e un triángulo adornado con circuliños nun dos seus vértices. Ornamentación realizada con punzón simple.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha ábsida. Construción de planta semicircular con sillería granítica, con tres arcos sobre columnas con capiteis vexetais e vanos moi estreitos. Baixo o tellado canzorros vexetais, animais e figurados
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral do lateral e fachada unha igrexa. Construción de planta rectangular, tellado a dúas augas e portada con dúas torres. No lateral, contrafortes e porta con arco de medio punto. Na fachada, portada con arquivoltas lixeiramente apuntadas, rosetón baixo un frontón triangular e dúas torres, unha maciza con reloxos e a outra con arcos de medio punto. Ao pés da porta principal, dous homes e tres nenas/os
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista da inscrición do século XIII que hai na Porta da Vila de Viveiro: `M: CC: LV :IN TEMPO AF`
Plano xeral dun campo da feira con numerosos asistentes. Á dereita, varias cabezas de gando. En primeiro plano, á dereita, unha muller de costas vestida con pano da cabeza e unha touca sobre unha camisa; á dereita, tres mozas, vestida tamén con panos da cabeza e toucas, sentadas no chan.
Plano xeral dun campo da feira con numerosos asistentes. Á dereita, varias cabezas de gando. En primeiro plano, á dereita, unha muller de costas vestida con pano da cabeza e unha touca sobre unha camisa; á dereita, tres mozas, vestida tamén con panos da cabeza e toucas, sentadas no chan.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha escultura de madeira. Imaxe de Xesús, barbado e con bágoas no rostro,
de xeonllos coa mans coas palmas cara arriba, orando ante unha árbore no que hai a figura dun anxo
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha porta monumental. Con dous corpos, o baixo cun arco de medio punto central, franquerado polos escudos de Galicia e Viveiro. O corpo alto, cun fronton triangular, co escudo de armas imperial, e o busto de Carlos V con cetro e corona. Hai tamén catro medallóns con figuras no seu interior, á dereita, masculinas e á esquerda, femininas. Como remate superior, ameas con cabezas de guerreiros
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral da entrada da igrexa conventual de Santa María de Valdeflores: portada oxival de arco interno en forma de trevo e ornamentación vexetal e dous cabezas humanas, arcos sostidos por dúas columnas e xamba, e con capiteis de follas
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral dunha entrada lateral dunha igrexa románica, tímpano cego liso, arcos apoiados sobre dúas columnas ornadas con capiteis con motivos vexetais. Pódese apreciar a lámpara de ourivaría e o altar cos panos.
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dun sepulcro adherido nun ángulo. Peza granítica en forma de arca coa tampa lixeiramente curva e decorada cun escudo. No frontal catro escudos con emblemas heráldicos labrados: os seis roeles dos Castro e a parella de lobos dos Osorio.
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista detalle dunha escultura de madeira sobre peaña simple. Imaxe da Virxe lixeiramente inclinada, con vestimenta con pregues e coroa real, na man dereita leva unha especie de maza e coa súa man esquerda colle ao Neno, tamén coroado
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Cartel das festas celebradas en Viveiro en agosto do ano 1983