Vista detalle do interior dunha igrexa; á esquerda arranque de arco cunha lápida en latín; á dereita, porta con arquivoltas de medio punto, capitel axadrezado e decoración de bolas nas xambas. No reverso, leva texto impreso.
Vista xeral da cabeceira dunha igrexa; construción de planta rectangular con ábsida cuadrada, adherida á roca natural que forma un arco de paso. Vai rematada por unha espadaña de dous arcos con sendas campás. Nun sainte do muro lateral, hai tres figuras masculinas con sombreiros, dous sentados e un de pé. No reverso leva un texto impreso sobre o edificio