Interior dunha cociña cunha familia sentada ao redor da lareira. Sentado no centro da imaxe está o home, con camisa, gravata, pantalón longo e botas. Ao seu carón, de pé, unha muller nova con camisa de raias, touca, saia e mandil; sentada xunto a ela, unha nena, con pano da cabeza, chambra de raias e saia. Doutro lado, hai unha muller madura, co pelo partido en dúas metades e recollido en dúas trenzas, cun mandil de raias e leva no colo a un bebé de curta idade; detrás, está un neno. Na parte dereita están o restos do lume, cunha trepia ou trespés enriba e ao lado un pote grande de ferro de tres pés. Nas paredes, vense os diferentes utensilios de uso doméstico: tapas e culleres, as pas do forno, a porta dunha lacena cun rosario e crucifixos pendurados, o burro da lareira e ao seu carón un fuso e unha roca. Na parte superior, as trabes da cuberta totalmente afumadas.
Catálogo con varios modelos de cociñas `bilbao`.