María Ruano, secretaria de Renovación Española ata a súa disolución, escribe ao Subsecretario do Ministerio de Industria e Comercio para dar boas referencias de Victoriano García Martí, para o que recorda as circunstancias que viviron xuntos tralo golpe do 18 de xullo de 1936
Transcrición da Lei 10/1939 sobre Depuración de Funcionarios públicos publicada no Boltín Oficial do 14 de febrero de 1939
Copia do prego de cargos do expediente contra Victoriano García Martí acusándoo de ter estado afiliado a Esquerda Republicana durante un tempo, de ter sido Secretario do Ateneo de Madrid durante un período concreto e terse significado publicamente a favor de partidos do Frente Popular. Asinado por T. Garnacho
Eugenio López de Sa y Atocha escribe a Victoriano García Martí confirmando a súa boa conducta no Ateneo de Madrid, en nada afecta a actitudes republicanas
A Secretaría de Orden Público do Gobierno Civil de Burgos comunica a Victoriano García Martí que non ten autoridade para concederlle ou denegarlle o salvoconducto que solicitou para realizar as viaxes que precise para a resolución do expediente que ten aberto no Ministerio de Industria e Comercio. Copia emitida no Concello de Santiago