Certificado do escribán de Cámara e de Goberno, D. Francisco López Navamuel, sobre o privilexio otorgado en Tarifa por Alfonso XI e 1349 ao Concello e veciños de Neda con exencións de pagos de diezmos e dereitos.
Ante o notario da vila de Noia, Lopo Rodríguez, un conxunto de testemuñas (vedrayos) que xuran sobre os evanxeos co fin de marcar os límites dunha propiedade reclamada por Afonso Guillelmez e a súa muller, Sabela Rodríguez. No texto destacan varios topónimos das parroquias de Argalo, Tállara e Fruime, pertencentes aos concellos de Noia e Lousame.
Discurso dado polo rei Afonso XII no Ateneo de Madrid no ano 1884
Cartel institucional da Xunta sobre o 700 aniversario da morte de Afonso X, O Sabio, e as actividades que se van celebrar. Deseño gráfico, Pepe Barro
Cartel coa figura de Jose Afonso cunha guitarra, en branco e negro. Deb., X. Conde
Xoán González da Caña, veciño de Santiago e propietario de parte dun muíño véndelle a súa parte a Xoán de España, que xa tiña, xunto a outra propietaria, Mariña Afonso, a outra parte. No texto inclúese o ritual de toma de posesión do muíño
Cartel dun recital homenaxe na cidade de Vigo a José Afonso. Entre os participantes está Benedicto.
Cartel dun recital homenaxe a José Afonso. Deseño gráfico, Pepe Barro
Cartel publicitario de José Afonso.
Cartel publicitario dun concerto homenaxe na cidade de Porto a José Afonso e Adriano. Entre os participantes está Benedicto.
Copia simple orixinal do Privilexio Real outorgado polo rei Afonso VII e a raíña Berenguela ao Mosteiro de Eiré, rexido pola abadesa Visclavara. Aparecen claramente delimitados os terreos da fundación. O documento leva a habitual cláusula de excomuñón para os que non respecten o acordo. Asinado coa copia da rúbrica de Afonso VII o Emperador.
Cartel conmemorativo do 25 aniversario do concerto de José Afonso
Mouton García, Luis, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio dos reis Afonso XII e a súa segunda muller Mª Cristina. Ambos están sentados, ela de lado nunha cadeira e el a cachapernas, co respaldo entre ambas pernas. Ela vai vestida ao estilo polisón e el con traxe de levita.
Herbert, Pedro Martínez de, 1819-1891, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, con bigote e abondosas patillas, vestico con casaca escura con condecoracións e unha banda encarnada cruzando o peito.
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, co pelo curto e imberbe, vestido con casaca escura cunha condecoración e unha banda cruzando o peito.
A fotografía dun relevo en mármore con marco de madeira. Representación do rei Afonso XIII e Vitoria Uxia. Ambas figuras de 3/4, de pé e de perfil. Ela, con tiara, detrás de el, e apoiando a súa man dereita no brazo del. El vestido con traxe de capitán xeneral, coas mans cruzadas e apoiadas sobre a empuñadura da espada.
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio pintado a cor co busto da raíña Mª Cristina, segunda muller de Afonso XII, inscrito nun óvalo. Leva o pelo recollido con dúas flores vermellas e un vestido da mesma cor cos ombros descubertos. No pescozo e sobre o escote, un colar de perlas de 6 voltas; no vestido, unha flor e un broche en forma de frecha cunha esmeralda.
Moratalla, Luis, Fotógrafo
Retrato de estudio co busto de Mª das Mercedes de Orleans, primeira muller de Afonso XII inscrito nun óvalo. Leva o pelo recollido nun moño alto e un vestido que deixa os ombros descubertos. Leva un par de pendentes e un colar de tres voltas sobre o escote