Acordo entre os herdeiros de Joaquín Acuña Soage para asignar un valor á casa da rúa Policarpo Sanz.
Auto do apoderado de Agustín Guiráldez y Ordoñez, vizconde de Valoria, rexidor perpétuo e alguacil maior de Santiago e comisario de Guerra, para o pago de 4500 reais en concepto de réditos dos 300000, para a obra e fábrica dos Reais Cuarteis de Santiago (Santa Isabel)
Acordo entre o enxeñeiro Don Miguel Marín e o arquitecto Don Julián de la Dehesa, para a realización das obras que faltan no cuartel de Santiago.
Carta da Comandancia Militar de Santiago ao Arcebispo da mesma cidade, comunicándolle o seu descontento pola falta de colaboración por parte do Arcebispado para manter a unión entre os feligreses e o clero en favor da raíña Isabel II.
Isabel e Manuel García Blanco agradecen a Ana María Castroviejo a súa contribución económica nunha homenaxe a Concepción Arenal.
Isabel Urioste de Mallo escribe a Joaquín Soage sobre a débeda que tiña o seu home, Pedro Mallo, con el a conta da filla de ambos, Irene. Tamén comenta que existe a posibilidade dun negocio inmobiliario co goberno arxentino, e postergará unha viaxe a Europa ata que o resolva.
Isabel Urioste de Mallo escribe a Joaquín Soage sobre o pago dunha débeda que tiña o seu home, Pedro Mallo, con el, tamén sobre as xestións de compras de casas que están facendo na familia e a mellora da situación económica de Arxentina.
Carta do Conde de Cartagena ao Arcebispo de Santiago agradecéndo que se manteña do lado de Isabel II, e pedíndolle que faga o posible para que os eclesiásticos e os fieis de Santiago fagan o mesmo.
Carta do Conde de Cartagena ao Arcebispo de Santiago anunciando a sublevación de eclesiásticos regulares e seculares en Vizcaia, A Rioxa e Burgos contra a raíña Isabel II.
Documentos da cesión de bens raíces do lugar da Ramiscosa en favor de Antonio de Avijón, hoxe Vicente Bermúdez dono intotum de dito lugar. Inclúe un auto de demanda de Manuel Serrano contra Ignacio Avijón, e un convenio entre Teresa de Fraga e D. Ignacio Antonio Avijón?
Copias de tres circulares do ano 1834 enviadas aos eclesiásticos para que manteñan a fidelidade á Raíña e intenten que os fieis fagan o mesmo.
Acordo entre o enxeñeiro Don Miguel Marín e o arquitecto Don Julián de la Dehessa, para a realización das obras que faltan no cuartel de Santiago, asinado por Manuel García Morado da Real Audiencia do Reino de Galicia
Escritura de compravenda entre Manuel Añón, veciño de Laracha e Vicente Bermúdez, veciño de Coristanco, por dous ferrados de trigo que tiña no lugar da Ramiscosa en Sofán. Inclúe certificado de pago pola compra, emitido polo partido de Carballo.
Portada que leva por título, `Documentos referentes aos bens comprados por Dª Isabel Navarrete, viúva de D. Jacobo Blanco, a Vicente Bermúdez e a súa muller Dª Josefa Cambre por escritura otorgada ante o escribán de Santiago D. Domingo, sitos no lugar da Ramiscosa.