Almanaque de peto para o ano 1902 da papelería `El Sol` de Santiago. En cada mes do ano o santoral, as fases da lúa e espazo para anotacións.
Catálogo da fábrica La Progresiva con información ilustrada a cor sobre os produtos.
Convenio ante o notario Ildefonso Fernández entre José Pimentel Aller e os seus acreedores para que o primeiro lles devolva os seus créditos, tanto aos presentes coma aos non presentes, dada a mala situación do seu negocio, para saldar todas as débedas enumeradas.
Documento da venda dunha vaca, incluindo as condicións da mesma, de Julián Rey a Domingo Vilouta e a súa muller, Andrea de la Iglesia, todos veciños de San Cristóbal de Tapia, na feira do Cotón.
Acta de doazón asinada entre o matrimonio Herminia Blanco-Cicerón Trillo e Ramón García Puig e o director do Museo de Belas Artes de A Coruña, Félix de la Fuente Andrés. Inclúe o listado dos obxectos: 4 medallóns do S. XVI, 1 relevo de madeira policromada, 1 escudo, 1 imaxe da Virxe, 2 retratos femininos, 1 fragmento de capa pluvial, 1 vitrina de madeira con 213 moedas e 67 medallas, e 1 cama colonial.
Acta do acordo tomado por Benigno de la Riva, Jacobo García e Manuel García Blanco, en representación de `Viuda e Hijos de Simeón García` e Ambrosio Herrreros en representación de Adelaida Herreros. É copia.
Bando do Alcalde accidental de Santiago, Víctor García Ferreiro, sobre o abastecemento de augas na cidade, aprobado polo alcalde Máximo de la Riva, falecido uns días antes sen tempo de asinar o documento preciso.
Zagala Pérez, Francisco, 1842-1908, Fotógrafo . (Pontevedra )
Paisaxe con río entre ábores. No centro da imaxe, dúas mulleres sobre un pontillón. Á dereita, lavadoiros e roupa tendida.
Mélida y Alinari, José Ramón, 1856-1933
Informe sobre o achado dun bronce romano-celtibérico en Ávila, inclúe a súa completa descrición e un detallista debuxo a lapis. Para a revista ` La Ilustración Española y Americana`.
Invitación nominal a Herminia, como viúda de Blanco-Cicerón, para que colabore económicamente coas Escolas Nocturnas de Obreiras do Sindicato Católico de Santiago.
Billete de invitación de Ricardo Blanco-Cicerón para a Congregación de La Anunciada e S. Luis Gonzaga de Santiago para os anos 1912-1913.
Billete da Invitación do Ateneo León XIII a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á velada homenaxe a Antonio López Ferreiro organizada no Seminario. Asinado por Máximo de la Riva García como Presidente da entidade.
Billete de `La Ferrocarrilana` para unha viaxe en berlina de Ricardo Blanco-Cicerón a Santiago.
Acordo entre o enxeñeiro Don Miguel Marín e o arquitecto Don Julián de la Dehesa, para a realización das obras que faltan no cuartel de Santiago.
Carta do Marqués de Riestra para dar a coñecer a fábrica ao público. Está dirixida á Viúva e Fillos de Simeón, pero Ricardo Blanco-Cicerón gardouna polo seu interese ao estar en obras a Casa da Senra.
Publicidade da fábrica de tellas, ladrillos e baldosas cos prezos dos produtos.
Zagala Pérez, Francisco, 1842-1908, Fotógrafo . (Pontevedra )
Vista xeral do interior da igrexa de Santa Mariña de Cambados, coa visión de catro grandes arcadas con decoración de bolas da nave. Falta a cuberta.
Capitulacións matrimoniais de Domingo de la Riva Blanco e Carmen Bacariza Varela.
Dende a entidade ofertan unha moeda de oro de Amadeo de Saboya de interese para Ricardo