Cartel dunhas xornadas organizadas no ano 1992 pola Fundación Juanelo Turriano coa colaboración do Museo do Pobo Galego e o Seminairo de Sargadelos. Deseño de Vis
Acta de votación para a mesa electoral, coa votación do Presidente e os catro Secretarios escrutadores.
Acta plenaria de xunta extraordinaria do Concello de Tui.
Acta plenaria do Concello de Tui sobre incidentes nunhas eleccións. Incompleta.
Actas de sesións do concello de Tui no ano 1878.
Apuntamentos de asuntos económicos do Concello de Tui, entre os anos 1877 e 1881. Hai unha carta do Goberno Provincial desestimando unha petición do Concelleiro Interventor, notas de cargos, contas sen detallar de 1877-1881 sobre unha fianza de quinquenio, e saldos de contas de valores do Concello coa firma `Rovira Valdés Hermanos`.
A remitente, abadesa do convento franciscano de Tui, agradece a aportación económica de Ricardo coa congregación, informando que grazas a el, se poideron completar as dotes de dúas mozas
A remitente, abadesa do convento franciscano de Tui, comunica a Ricardo Blanco Cicerón que o seu administrador en Tui, xa lle fixo entrega das 1000 pesetas para o congregación
Desde a Cámara Oficial de Comercio e Industria de Tui escriben a Ricardo Blanco-Cicerón para pedirlle que colabore económicamente no proxecto dunha nova praza de abastos na cidade. Asinada por varios membros da corporación, encanbezada por Petronilo Caravelos.
O remitente envía a resolución do Gobernador no asunto do papel queimado, comentando que o caso foi moi complicado e precisou o asesoramento de Montero Ríos
O remitente informa que o Cabido autoriza o préstamo das pezas, sempre que sexa o propio A. Cerviño o encargado de acompañar os obxectos na viaxe a Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `6 junio`
O remitente comunica que sigue traballando na busca de materiais, pero sinala inconvintes por parte dos párrocos a pesares da circular enviada polo Bispo pedindo colaboración coa Exposición Regional Gallega de 1909. An. ms. `Lda 14`
O remitente informa da existencia dunha colección diplomática da Catedral de Tui de interese para a Exposición Regional Gallega de 1909, e ofrécese para buscar máis obxectos nas parroquias próximas. An. ms. `Lda 23`
O remitente, irmán da Congregación Piadosa de San Telmo de Tui, agradece a Ricardo as continúas e xenerosas contribucións coa institución, á que tamén pertence el
O remitente, irmán e presidente da Congregación Piadosa de San Telmo de Tui, agradece a Ricardo a realización dun copón para a capela de San Telmo
O remitente, irmán da Congregación Piadosa de San Telmo de Tui, e no nome dela, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o agasallo de 100 números para a rifa dun cadro de San Telmo, sufragado por D. Ricardo, a fin de obter cartos para a institución da que tamén forma parte el
O remitente agradece a Ricardo Blanco-Cicerón, a contribución para o premio do certame musical de Tui. Aproveita para invitalo con reserva de localidade.
O remitente, prior da irmandade, solicita a Ricardo Blanco-Cicerón, colaboración económica para sufragar a realización dos altares, púlpitos, tribuna e entarimado da igrexa, cun importe de 2500 pesetas. Carta asinada polo prior, viceprior e polo síndico
O remitente informa da reunión mantida no Concello de Tui para tratar a resolución da Real Orde no preito do papel queimado e como resolver o asunto do mellor e menos gravoso modo para o Consistorio e para os concelleiros, máis as impresións recibidas.
A remitente agradece a Blanco-Cicerón, a contribución económica co santo patrón San Telmo de Tui. Informa que o presidente remite outra carta. Ademais comunicalle que o `cadro` que xa está exposto, gusta moito e recibe moitas admiracións