O remitente, mestre de capela e organista da catedral de Tui, comunica que o cóengo doctoral vai celebrar o santo sacrificio da misa no altar da confraría da Virxe da Soidade, diariamente ata fin de ano, tal e como encargara Ricardo Blanco-Cicerón
A primeira páxina son notas manuscritas relacionadas cun Breviario Romano según o ordeado polo Concilio de Trento para a pronunciación do Oficio de Defuntos. O reverso fai referencia ao Salmo 114, titulado `Placebo Domino in regione vivorum`, que se comeza desde a Antífona e que era un dos Salmos que dende época medieval se pronunciaba neste Oficio.