Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Composición de 61 pequenas fotografías, dispostas en cuadrícula, rodeadas de anacos de fotografías de elementos emblemáticos da cidade de Santiago (rúas, catedral, prazas, etc. No reverso, manuscrito a bolígrafo os nomes dalgúns dos retratados.
Guerra, Enrique, ?-1948, Fotógrafo (Sánchez-Guerra Mosquera, Enrique) . (Santiago de Compostela )
Retrato masculino, frontal, de 3/4 e de pé. Leva traxe chaqué, chaleco con reloxo de peto e gravata. Ten unha das mans no peto do pantalón, os cabelos moi curtos e un longo bigote.
Retrato masculino, frontal, de corpo enteiro, de pé e diante dun biombo Leva traxe chaqué, chaleco con reloxo de peto e gravata. Ten unha das mans apoiada nunha cadeira. Os cabelos moi curtos e bigote.
Retrato grupal nun exterior. No centro da imaxe nunha cadeira de vimbio, Amando Castroviejo, ao seu carón Concha Blanco- Cicerón de traxe escuro. Detrás e de pé un home e unha muller. Á dereita, de Amando outra muller sentada con traxe claro. Á esquerda de Concha, outro home en cadeira de vimbio.
Retrato de Amando Castroviejo e os seus fillos José María e Concha no xardín interior da casa familiar na Senra, 3. Amando viste traxe escuro con gravata de lazo. Concha con vestido branco e José María, traxe de mariñeiro, está acariñando ao un can.
Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Retrato masculino, sedente de 3/4 e frontal. O home leva traxe e chaleco escuros, camisa branca e gravata de lazo escura; a figura mira ao espectador, ten os brazos apoiados coas mans cruzadas, e os cabelos engomados e gran bigote.
Torres García, Juan, Fotógrafo . (Granada )
Retrato masculino, de busto e frontal. O home leva chaqueta e chaleco escuros, camisa branca e gravata tamén branca. Ten os cabelos moi curtos e bigote.
Torres García, Juan, Fotógrafo . (Granada )
Retrato masculino, de busto e frontal. O home leva chaqueta clara, camisa branca con colo tipo mao e gravata. Ten os cabelos moi curtos, bigote e barba bifurcada.
Retrato masculino, de busto e frontal. O home leva chaqueta e chaleco escuros, camisa branca e gravata escura. Ten os cabelos moi curtos e bigote.
En formato vertical, retrato masculino, de busto e frontal. O home leva chaqueta e gravata negras e camisa branca. Ten a cabeza lixeiramente xirada, os cabelos peiteados cara tras, bigote e gran sorriso.