Vista da ábsida dunha igrexa románica, de estrutura poligonal, vai decorada por dous arquiños apoiados en anchas pilastras, nas que vai pegada unha semicolumna con capitel que sustenta a cornixa. Destacan os canzorros historiados.
Folla dunha publicación co artigo sobre o petroglifo de Gondosende (A pedra da auga), asinado por José M. Rodríguez.
Documento autoría de Ricardo Blanco-Cicerón, sobre o achado, historia e descrición do ídolo de bronce de Espasante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Imaxe dunha bula
Varias pezas de bronce: un busto sobre peaña troncocónica, un ídolo con sombreiro, figura votiva de Mercurio e unha figura alada.
O remitente precisa de Costanti para que Blanco-Cicerón lle facilite información sobre un bronce de tres caras atopado en Ortigueira
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón que o Sr. Abelleira acepta ensinarlle o castro cando o destinatario dispoña
O remitente, o marqués de Riestra e tamén banqueiro, comunica unha visita ao Museo Provincial acompañado do Sr. Vives e cuestións persoais.
Carta de C. Bernaldo de Quirós, preguntando sobre a pedra oscilante de Santa María de Muxía e por un machado de pedra pulimenta desa mesma zona
O remitente adxunta á carta unha instancia que Ricardo Blanco-Cicerón debe cubrir
O remitente envía unha nota adxunta, que non está, sobre un achado para remitir a Gil. An. ms. `Lda. Mayo 31`
Sampedro pide a Blanco-Cicerón datos sobre unhas pezas que cedera a unha exposición celebrada en Pontevedra, que resultan de interese en Portugal
O remitente informa dunha casa vella xunto á muralla de Lugo que ten varias lápidas nas paredes
O remitente agradece o envío duns debuxos e agarda recibir máis para completar un estudo sobre un dolmen que dubida se pode estar en Borneiro
Carta de Celso García de la Riega sobre o encargo de Casto Sampedro de solicitar a Ricardo Blanco-Cicerón unhas vitrinas
O remitente precisa de Costanti o favor de por en contacto a José Fortes con Ricardo Blanco-Cicerón polo interese do arqueólogo portugués en estudar as fíbulas da colección de D. Ricardo
O remitente, informa a Ricardo sobre varios obxectos de coleccionismo pertencentes a Francisco Pazos que interesan a Cicerón, entre eles: beléns, unha araña, dúas cadeiras de brazos, dous cadros, un bargueño, dez cadeiras e catro rinconeiras. Respecto aos bronces romanos e visigodos non os vende.
Roa remite a Blanco-Cicerón tres moedas das atopadas no monte de Porto
Roa informa a Blanco-Cicerón do achado dunhas moedas de cobre e restos de vasillas no monte de Porto, e que se vai cavar para ver si se atopa algunha peza máis
O remitente está levando a cabo un estudo sobre fíbulas da antiga Lusitania e pregunta a Blanco-Cicerón se el conta con algunha na súa colección