Apóstolos Pedro, Paulo, Santiago e Xoán nunha xamba do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela
Vista detalle dun libro; no centro da páxina, unha figura masculina con espada, coroa e estandarte con tres cunchas de vieira, a cabalo sobre os inimigos. Á esquerda unha lenda en latín, e á dereita, unha fotaleza con ameas
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Calvario sobre unha peaña cunha imaxe relixiosa no interior. Escultura de San Cristovo co Neno no ombreiro. Virxe da Saúde sobre unha peaña
Confirmación de cobro por parte do prior do mosteiro, frei Álvaro de Santiago, polas misas en favor de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago. Inclúe tamén tres documentos anteriores, nos que Rodrigo de Moscoso, arcebispo de Santiago, reclama o pago de misas aos testamentarios do deán. O documento remata coa fórmula da excomuñon, ou fórmula cominatoria, empregada de xeito habitual.
Borrador dunha carta de agradecemento anticipado, e pola premura das datas, fai insistencia no envío das pezas de interese para a Exposición Regional Gallega de 1909.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha casula; bordada con motivos xeométricos, con tres seccións verticais delimitadas por unha fita de ouro cosida que se repite en todo o contorno da peza
Conxunto de no documentos relacionados co testamento de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Destacan entre outros, os pagos aos escribáns, aclaración do herdeiro e sobriño, ao respecto do codicilo, sobre as rendas para a fundación dunha capela en Santa Maria a Nova de Noia, ou un documento sobre Fernán Núñez, fillo do propio deán, en prisión por querella, liberado con cargo aso cartos do testamento destinados a obras de misericordia
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista de tres imaxes enmarcadas da Catedral de Santiago. No centro, un cadro coa Fachada do Obradoiro. A ambos lados, dous gravados coa vista da Catedral en 1660, da Fachada do Obradoiro e da Cabeceira da Catedral.
Escritura coas relación de pezas da colección Blanco-Cicerón, depositadas no museo lapidaria da catedral de Santiago, efectuada ante o notario Ildefonso Sánchez Mera. En total dez pezas graníticas
Escritura de depósito de pezas de escultura románica, incluídas na herdanza de Ricardo Blanco-Cicerón, para formar parte da Exposición de Arte Románica de 1961, celebrada en Santiago. Asinan Tomás Blanco-Cicerón, Manuel Chamoso Lamas, o Presidente do Cabido da Catedral e o Fabriqueiro. Inclúe listado de pezas da colección Blanco-Cicerón que se depositaron no Museo Lapidaria da Catedral de Santiago.
Santiago Apóstolo, no parteluz do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela
Santiago O Menor, escultura de pedra policromada, na Catedral de Santiago de Compostela, na columna da esquerda do arco do altar maior
Santiago O Menor, escultura de pedra policromada, co nome nun papel desenrolado `Iacobus Minor`, na cripta da Catedral de Santiago de Compostela
Modificación testamentaria de Iohan Nunnez d`Aponte, deán da catedral de Santiago, outorgado ante o notario de Santiago, Aluar Perez Puquerino. Inclúe inventario de bens mobles, relación de moedas, e xoias e obxectos suntuarios.
Inventario dunha capela e sancristía da catedral de Santiago, realizado polo sancristán Francisco Bacariza. Recolle de maneira detallada, os ornatos, roupa e xoias, diferenciados por cores (branco, vermello, negro...
Billete persoal de entrada á Catedral.
Pantocrátor, escultura procedente da fachada do Paraíso, hoxe en Praterías (Catedral de Santiago)
Cartel institucional da Xunta e o cabido para a promoción da celebración do 8º centenario do Pórtico da Catedral. Diseño, Eloy Lozano
Vista detalle dun libro; representación dun altar con cortina inferior, remate triangular e columnas con volutas. No centro, figura sedente de Santiago con caxato, coroa, esclavina con cunchas de vieira e cartela co seu nome S. Iacobus. Á súa esquerda, figura de pé con cartela identificativa Theodorus; á dereita home con libro na man e cartela, Atanasius.
Santiago peregrino, escultura da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago