O remitente pregunta sobre os detalles para un encargo dunha túnica para unha imaxe. Indica que remite unha fotografía que non está coa carta
O remitente comenta a existencia nun anticuario duns pergameos do antigo convento de Santo Domingo de Tui, unha peza de marfil, unha cruz de bronce, unha cómoda, un reloxo e pezas de mobiliario.
O remitente comenta que nunha almoeda de Tui hai unha serie de pezas que considera de gran interese e valor para Blanco-Cicerón
O remitente comenta que na almoeda de Tui agardan a visita de Blanco-Cicerón para que vexa unhas pezas, lamenta non entender máis e mellor a letra dos pergameos que hai alí, e asegura que non leva ningunha clase de comisión pola xestión
O remitente comenta que o herdeiro di que está todo tasado moi por encima do que ofrece Blanco-Cicerón e detalla cada peza de interese para este
O remitente comenta a Ricardo a ausencia por catro meses da mestra de Tui, recomendada por Blanco-Cicerón, e avisa que en caso de non restituirse ao seu posto, será denunciada.
Nota de Ricardo a lápis
O remitente comenta a Ricardo sobre o prezo dun reloxo en 400 pesetas que quere adquirir o destinatario.
Recibís de pagos realizados, a través dun intermediario, por Ricardo Blanco-Cicerón a Ramón Nuñez por traballos de escultura.