Total: 13 Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.04 - Exposicións

Margen Fotografía, Fotógrafos
1996-02-01
5 fotografía(s) Positivo en cor 180 mm x 266 mm

En: 03.06.95.04 - Exposicións

01. Intervención do pintor Francisco G. Lagares durante o acto de inauguración da súa exposición retrospectiva. Ao seu carón, Antonio Fraguas Fraguas, Presidente do Padroado do museo e Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta de Galicia.

02. Intervención de Don Antonio Fraguas no acto de inauguración, xunto a Manuel Fraga, Francisco G. Lagares, Julio Fernández Gayoso, Director Xeral de Caixavigo e Francisco Pablos

03. Personalidades que presidiron o acto de inauguración da exposición: no centro, Don Antonio Fraguas flanqueado por Manuel Fraga e o pintor Lagares. A ambos lados, Julio Fernández Gayoso, Director Xeral de Caixavigo e Francisco Pablos.

04. Don Antonio Fraguas con Manuel Fraga Iribarne

05. Don Antonio Fraguas e Manuel Fraga Iribarne visitando a exposición

MPG/Foto-102//04
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
1877, ca.
1 fotografía(s). Cabinet Positivo en branco e negro 139 x 99 mm. sobre cartón 165 x 108 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio das fillas de Isabel II e irmás de Afonso XII, vestidas á moda de polisón. A Princesa de Asturias, Isabel de Borbón coñecida como `La Chata` aparece sentada nunha cadeira de brazos e vai vestida de cor escuro. Ao seu carón as Infantas Pilar, Paz e Eulalia, vestidas de cor clara; unha delas sentada no lado esquerdo e as outras dúas de pé detrás

URP/Foto-23//080
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Mouton García, Luis, Fotógrafo . (Madrid )
1880, ca.
1 fotografía(s). Cabinet Positivo en branco e negro 136 x 98 mm. sobre cartón 155 x 108 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio dos reis Afonso XII e a súa segunda muller Mª Cristina. Ambos están sentados, ela de lado nunha cadeira e el a cachapernas, co respaldo entre ambas pernas. Ela vai vestida ao estilo polisón e el con traxe de levita.

URP/Foto-23//074
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Herbert, Pedro Martínez de, 1819-1891, Fotógrafo . (Madrid )
1880, ca.
1 fotografía(s). Cabinet Positivo coloreado 140 x 103 mm. sobre cartón 163 x 108 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, con bigote e abondosas patillas, vestico con casaca escura con condecoracións e unha banda encarnada cruzando o peito.

URP/Foto-23//072
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
1873, ca.
1 fotografía(s). Cabinet Positivo en branco e negro 137 x 97 mm. sobre cartón 160 x 103 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, co pelo curto e imberbe, vestido con casaca escura cunha condecoración e unha banda cruzando o peito.

URP/Foto-23//076
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
1874 / 1880 1880
1 fotografía(s). Cabinet Positivo en branco e negro 138 x 97 mm. sobre cartón 165 x 109 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio de Isabel de Borbón, Princesa de Asturias coñecida popularmente como `La Chata`; filla de Isabel II e irmá de Afonso XII. Aparece vestida á moda de polisón, sentada nunha cadeira de brazos, cun abanico nunha man; detrás, á dereita, unha mesa cun centro de flores e unha cortina de fondo.

URP/Foto-23//078
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
1880, ca.
1 fotografía(s). Cabinet Positivo pintado 141 x 103 mm. sobre cartón 165 x 110 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio pintado a cor co busto da raíña Mª Cristina, segunda muller de Afonso XII, inscrito nun óvalo. Leva o pelo recollido con dúas flores vermellas e un vestido da mesma cor cos ombros descubertos. No pescozo e sobre o escote, un colar de perlas de 6 voltas; no vestido, unha flor e un broche en forma de frecha cunha esmeralda.

URP/Foto-23//077
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

1870
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 94 x 57 mm. sobre cartón de 95 x 64 mm.

En: 03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

Busto inscrito nun óvalo en relevo da Arquiduquesa Mª Cristina de Habsburgo-Lorena, quen sería a segunda muller de Afonso XII e raíña de España. Vai vestida cun abrigo de pel e leva unha capota suxeita cun gran lazo baixo a barbela. Por diante da capota, leva unha tiara ou coroa.

FSC/Foto-18//77
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Moratalla, Luis, Fotógrafo
1877, ca.
1 fotografía(s). Cabinet Positivo en branco e negro 140 x 99 mm. sobre cartón 168 x 112 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio co busto de Mª das Mercedes de Orleans, primeira muller de Afonso XII inscrito nun óvalo. Leva o pelo recollido nun moño alto e un vestido que deixa os ombros descubertos. Leva un par de pendentes e un colar de tres voltas sobre o escote

URP/Foto-23//073
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
1875, ca.
1 fotografía(s). Cabinet Positivo en branco e negro 138 x 100 mm. sobre cartón 165 x 118 mm.

En: 01.29.01.02 - Colección fotografías

Retrato de estudio da infanta Dona Paz, filla de Isabel II e irmá de Afonso XII. Aparece vestida á moda de polisón, de pé, apoiada nunha mesa cuberta por un pano e con varios libros enriba. Nas mans leva un abanico e aos pés un coxín. No lado dereito, una cadeira de brazos e unha repisa cunha planta.

URP/Foto-23//079
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.02 - Actos

Fotos Novoa, Fotógrafos
1991-06-11
18 fotografía(s) Positivo en cor 180 mm x 240 mm

En: 03.06.95.02 - Actos

01. Xoán Carlos e Sofía entrando na igrexa de Bonaval, acompañados por Agustín Sixto Seco, Presidente do Padroado Rosalía de Castro, Jordi Solé Tura, Ministro de Cultura e Xosé Filgueira Valverde.

02. Os Reis e as autoridades diante do sepulcro de Alfredo Brañas no Pateón de Ilustres de Galicia.

03. Os Reis na igrexa de Bonaval

04-07. Intervención de Xosé Filgueira Valverde durante o acto na Igrexa de Bonaval.

08-09. Xoán Carlos e Sofía facendo unha ofrenda floral no Panteón de Ilustres de Galicia

10. Os Reis acompañados de Don Antonio Fraguas e resto de autoridades no claustro baixo do museo.

11-12. Xoán Carlos e Sofía visitando a Sala do Mar

13-15. Xoán Carlos I asinando no Libro de Ouro do MPG

16-17. Os Reis abandonando o museo acompañados de Don Antonio Fraguas, Jordi Solé Tura e Manuel Fraga Iribarne

18. Público enchendo a rúa da Costa de Bonaval

MPG/Foto-102//01
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.95 - Museo do Pobo Galego
03.06.95.02 - Actos

Dalda, 1941-2008 (García Dalda, Antonio)
1991-06-11
16 fotografía(s) Positivo en cor 200 mm x 250 mm

En: 03.06.95.02 - Actos

01. Xoán Carlos e Sofía entrando na igrexa de Bonaval, acompañados por Don Antonio Fraguas, Presidente do Padroado do MPG, Xosé Filgueira Valverde e Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta

02. Xoán Carlos saudando a Teresa Castelao

03. Xoán Carlos e Sofía facendo unha ofrenda floral no Panteón de Ilustres de Galicia

04. Os Reis acompañados de Don Antonio Fraguas e resto de autoridades no claustro baixo do museo.

05. Os Reis acompañados de Don Antonio Fraguas e resto de autoridades nunha exposición no claustro alto do museo.

06-10. Visitando a Sala de Arquitectura Popular

11-12. Xoán Carlos e Sofía visitando a Sala do Mar

13. Xoán Carlos I asinando no Libro de Ouro do MPG

14. Sofía asinando no Libro de Ouro do MPG

15. Os Reis abandonando o museo acompañados de Don Antonio Fraguas, Jordi Solé Tura e Manuel Fraga Iribarne

16. Don Antonio Fraguas dando a man á Raíña Sofía, xunto a Xosé Filgueira Valverde

MPG/Foto-102//02
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
1923 / 1929, ca
1 postal fotográfica(s) Positivo en branco e negro 84 x 131 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Visita dos Reis de España a Santiago de Compostela, sentados nun coche de cabalos. Dun lado van sentados Afonso XIII e a súa muller, Vitoria Uxía de Battenberg. De fronte a eles, o Xeneral Miguel Primo de Rivera. O coche está na praza da Inmaculada, ateigada de público. Ao fondo vese parte da fachada do Seminario de San Martiño Pinario

CFX/Foto-20//08
Página: 1/1