Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio das fillas de Isabel II e irmás de Afonso XII, vestidas á moda de polisón. A Princesa de Asturias, Isabel de Borbón coñecida como `La Chata` aparece sentada nunha cadeira de brazos e vai vestida de cor escuro. Ao seu carón as Infantas Pilar, Paz e Eulalia, vestidas de cor clara; unha delas sentada no lado esquerdo e as outras dúas de pé detrás
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, co pelo curto e imberbe, vestido con casaca escura cunha condecoración e unha banda cruzando o peito.
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio de Isabel de Borbón, Princesa de Asturias coñecida popularmente como `La Chata`; filla de Isabel II e irmá de Afonso XII. Aparece vestida á moda de polisón, sentada nunha cadeira de brazos, cun abanico nunha man; detrás, á dereita, unha mesa cun centro de flores e unha cortina de fondo.
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio pintado a cor co busto da raíña Mª Cristina, segunda muller de Afonso XII, inscrito nun óvalo. Leva o pelo recollido con dúas flores vermellas e un vestido da mesma cor cos ombros descubertos. No pescozo e sobre o escote, un colar de perlas de 6 voltas; no vestido, unha flor e un broche en forma de frecha cunha esmeralda.
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio da infanta Dona Paz, filla de Isabel II e irmá de Afonso XII. Aparece vestida á moda de polisón, de pé, apoiada nunha mesa cuberta por un pano e con varios libros enriba. Nas mans leva un abanico e aos pés un coxín. No lado dereito, una cadeira de brazos e unha repisa cunha planta.