Escritura de renda de Nicolás Pérez Santamarina a favor de Luís Labarta pola Casa da Senra. Inclúe a escritura de compra orixinal de Luís Labarta a Mª Antonia Garayabieta y Ontero, viúva de Manuel Losada Cadorniga.
María de la Esclavitud Piñeiro de las Casas outorga foro a favor de Nicolás Pérez Santa Marina pola casa número 2 da rúa da Senra.
Preito de Luis Labarta contra Nicolás Pérez Santa Marina pola Casa da Senra.
Joaquín Gutiérrez de la Peña Piñeiro modifica o seu testamento, no que se inclúe recibir a renda da Casa da Senra por parte de Nicolás Pérez Santamarina. Tamén inclúe o testamento de Antonio Fraga Parafita e dous certificados, aparentemente sen relación co anterior.Conxunto de catro documentos que inclúen a modificación do testamento de Joaquín Gutiérrez de la Peña Piñeiro, onde se menciona unha renda da Casa da Senra, ao seu sobriño Antonio Fraga Parafita como herdeiro. División testamentaria en catro cupos de Antonio Fraga Parafita, morto in testato. E a reclamación de lexítima por parte da representante legal dos fillos lexítimos de Antonio Fraga Parafita.